Nate Davis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNate Davis
Biografía
Nacemento25 de outubro de 1953 Editar o valor em Wikidata (70 anos)
Columbia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Carolina do Sur Editar o valor em Wikidata
Altura194 cm Editar o valor em Wikidata
Peso85 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
LigaNCAA Division I men's basketball (en) Traducir e NCAA Division I men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoAla Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- CB Valladolid
- South Carolina Gamecocks men's basketball (en) Traducir
1973-1977 South Carolina Gamecocks men's basketball (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Nate Davis, nado en Columbia (Carolina do Sur), o 20 de outubro de 1953, foi un xogador de baloncesto estadounidense, que xogaba na posición de ala.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Xogou catro tempadas cos South Carolina Gamecocks da Universidade de Carolina do Sur, anotando 1.345 puntos[1].

Foi elixido na posición 101 do Draft da NBA de 1977 por Chicago Bulls[2], pero non chegou a firmar contrato[3], pasando un ano sen xogar até que José Antonio Gasca o trouxo á liga española co propósito de substituír no Askatuak a un xogador histórico da entidade, Essie Hollis[4]. Malia ir sendo o mellor anotador da liga, non chegou a finalizar a tempada por mor dunhas declaracións a un periódico local nas que criticaba a Gasca, sendo apartado do equipo.[5].

En 1979 fichou polo Miñón Valladolid, e na súa primeira temporada, con Vicente Sanjuán como adestrador, foi o máximo anotador da liga con 29,7 puntos por partido[4], Formou unha gran parella xunto co base Carmelo Cabrera, e eran habituais os alley-oops entre eles, até que a FIBA decidiu prohibilos[6].

Tras probar sen éxito en 1982 nas Ligas de Verán da NBA, regresou a España coa tempada xa comezada, fichando polo Obradoiro CAB para substituír o lesionado Chuck Verdever, pero chegou falto de ritmo, facendo unha tempada discreta[7].

Na tempada seguinte a liga transformouse na ACB, e Davis acabou fichando polo OAR Ferrol, acabando como máximo anotador da liga con 27,8 puntos por partido na súa primeira tempada e repetindo na seguinte con 29,8 puntos[8]. Ma tempada 1985-86, tras 16 partidos disputados, estaba de novo encabezando a lista de máximos anotadores con 29,6 puntos por partido[9], até que nun encontro disputado en Santa Coloma de Gramenet fracturouse a clavícula. En parte por mor da lesión e en parte para marchar canda a súa muller, que contraera o VIH tras unha transfusión de sangue logo do seu segundo parto, marchou de regreso aos EUA, deixando o baloncesto e arruinándose na procura dun tratamento para ela[4].

En novembro de 2013 regresou a Ferrol, recibindo unha homenaxe no Pavillón da Malata[10].

Equipos[editar | editar a fonte]

Club País Tempada(s)
South Carolina University Estados Unidos 19721975
Askatuak Egin España España 19781979
Miñón Valladolid España España 1979−1982
Obradoiro CAB Galicia Galicia 1982−1983
OAR Ferrol Galicia Galicia 1983−1986

Logros individuais[editar | editar a fonte]

Foi máximo anotador da Liga española co Miñón Valladolid con 654 puntos (29.73 por partido) na tempada 1979-80, máximo anotador da Liga ACB co OAR Ferrol con 789 puntos na tempada 1983-84 e máximo anotador da Liga ACB co Clesa Ferrol con 840 puntos na tempada 1984-85.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "100 Years of Gamecock Basketball" Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., en grfx.cstv.com (en inglés).
  2. 1977 NBA Draft, en thedraftreview.com (en inglés).
  3. "Nate Davis transactions", en prosportstransactions.com (en inglés).
  4. 4,0 4,1 4,2 "Nate Davis: El Extraterrestre" Arquivado 03 de decembro de 2010 en Wayback Machine., artigo en ACB.com (en castelán).
  5. "Davis, apartado del Askatuak", artigo en El País, 18 de marzo de 1979 (en castelán).
  6. Reglamento de baloncesto comentado.
  7. "Aquella temporada en la élite" Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., artigo en El Correo Gallego, 22 de xuño de 2009 (en castelán).
  8. ACB Máximos Anotadores Arquivado 25 de maio de 2011 en Wayback Machine., en ACB.com (en castelán).
  9. Estadísticas de Davis en ACB Arquivado 03 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine., en ACB.com (en castelán).
  10. "Nate Davis, cuando el baloncesto era la leche", artigo en Marca, 18 de novembro de 2013 (en castelán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]