Natasha Richardson
Natasha Jane Richardson, nada en Londres o 11 de maio de 1963 e finada en Nova York o 18 de marzo de 2009, foi unha actriz inglesa de cinema e teatro, gañadora dun Premio Tony.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dunha familia de actores, era filla do director e produtor Tony Richardson e da actriz Vanessa Redgrave, irmá ademais da actriz Joely Richardson; e estaba casada con Liam Neeson dende 1994 con quen tivo dous fillos.
Richardson fixo a súa primeira aparición perante as cámaras aos catro anos nunha película dirixida polo seu pai, The Charge of the Lightgade (1968). Asistiu á Central School of Speech and Drama de Londres. En 1998 gañou un Premio Tony pola súa interpretación no musical Cabaré. Traballou en varias obras de teatro e en diversos filmes.
O 16 de marzo de 2009 sufriu un accidente cando estaba a tomar unhas clases de esquí no resort de Mont Tremblant (Quebec), ocasionándolle morte cerebral[1]. Dous días máis tarde, o 18 de marzo de 2009, faleceu no hospital Lenox Hill de Nova York.[2]
Filmografía
[editar | editar a fonte]- Gothic (1986) - Mary Shelley
- Patty Hearst (1988) - Patricia Hearst
- The Comfort of Strangers (1990) - Mary
- The Favour, the Watch and the Very Big Fish (1991) - Sybil
- Past Midnight (1992) - Laura Mathews
- Nell (1994) - Dr. Paula Olsen
- Widows' Peak (1994) - Mrs Edwina Broome
- The Parent Trap (1998) - Elizabeth James
- Haven (2001) - Ruth Gruber
- Blow Dry (2001) - Shelley Allen
- Waking Up In Reno (2002) - Darlene Dodd
- Sucedeu en Manhattan (2002) - Caroline Lane
- The White Countess (2005) - Condesa Sofia Belinskya
- Asylum (2005) - Stella Raphael
- Evening (2007) - Constance Lord
- Wild Child (2008) - Mrs Kingsley
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Natasha Richardson, mpoi grave tras un accidente de esquí". Arquivado dende o orixinal o 22 de marzo de 2009. Consultado o 22 de marzo de 2009.
- ↑ "Tómase a decisión de desconectar a Natasha Richardson". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2009. Consultado o 19 de marzo de 2009.