Natalia Sanmartín Fenollera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNatalia Sanmartín Fenollera

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoA Estrada Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade da Coruña
ESIC University (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
EmpregadorCinco Días (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Natalia Sanmartín Fenollera, nada no ano 1970 na Estrada[1] é unha xornalista e escritora galega.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Aínda que de pequena quería ser bibliotecaria pola súa afección á lectura,[3] licenciouse en Dereito na Universidade da Coruña e realizou un máster en Xornalismo na Escola de Xornalismo do diario El País.[2] Posteriormente, especializouse en xornalismo económico tras realizar un Programa Integral de Desenvolvemento Directivo (PIDD) da Escola Superior de Enxeñeiros Comerciais (ESIC).[4]

En 2013 publicou El despertar de la Señorita Prim. A novela foi traducida a once linguas e chegou a máis de 75 países.[5] O libro xurdiu da necesidade de escribir unha historia que falase do valor das cousas sinxelas que se perderon no camiño cara ao progreso e a modernidade.[1]

En 2020, saíu a súa segunda novela Un cuento de Navidad para Le Barroux.[6]As monxas beneditinas da abadía de Notre-Dame de l'Annonciation du Barroux (Francia), pedíranlle á autora que escribise un conto para ler no refectorio, duranto o Nadal.[7]

É Xefa de Opinión do diario económico Cinco Días.[8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Delgado Salmador, Sergio (7 de maio de 2013). "El descubrimiento de una periodista". El País. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Navalpotro, José María; Carrera, José María (xaneiro de 2021). "Natalia Sanmartín: "Es más importante que nunca proteger el hogar como lugar natural de transmisión de la fe". Mundo Cristiano (732). pp. 12–17. 
  3. Altozano, Gonzalo (28 de decembro de 2018). "Natalia Sanmartín Fenollera, novelista: "Soy partidaria de Mujercitas"". Woman Essentia. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  4. Http://www.lecturalia.com, ed. (2021). "Biografía de Natalia Sanmartin Fenollera". Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  5. Cervera, Pablo (10 de decembro de 2020). "Natalia Sanmartín: "No hay ningún fin que justifique adulterar o desnaturalizar el culto y la fe"". Religión en Libertad. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  6. Meseguer, Juan (26 de novembro de 2020). "“Urge aprender a detectar trampas en el lenguaje, también en el cristiano”". Aceprensa. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  7. Redacción (6 de decembro de 2020). "Natalia Sanmartin: “La tarea urgente es transmitir la fe cristiana y preservarla de adulteraciones”". InfoVaticana. Consultado o 20 de xaneiro de 2021. 
  8. "Encuentros: Natalia Sanmartin Fenollera". El Mundo. 18 de xullo de 2013. Consultado o 20 de xaneiro de 2021.