Napoleon Eugène

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Napoleon Eugène
Prince impérial 1878 3.jpg
Nacemento16 de marzo de 1856
 París
Falecemento1 de xuño de 1879
 Suráfrica
CausaMorto en combate
SoterradoImperial Crypt (Farnborough)
NacionalidadeFrancia
RelixiónIgrexa católica
Educado enRoyal Military Academy e King's College de Londres
Ocupaciónpolítico
PaiNapoleón III
NaiEugénie de Montijo
PremiosCabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Godfather promotion of Special Military School of Saint-Cyr, Ordem de Santo André e Ordem do Serafim
editar datos en Wikidata ]
Napoléon Eugène.

Napoléon Eugène Louis Jean Joseph Bonaparte, nado en 1856 e finado en 1879, foi un príncipe imperial, fillo único do emperador Napoleón III e de Eugenia de Montijo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Co colapso do Segundo Imperio Francés en 1870 o príncipe imperial refúxiase en Bélxica ata que se reúne co resto da familia imperial en Chislehurst, Kent (Inglaterra). Trala morte do seu pai en 1873 os bonapartistas proclamárono Napoleón IV.

Ingresou como cadete nunha escola militar británica, graduouse en 1875 e serviu na arma de artillaría e uniuse como voluntario á expedición británica contra Zululandia, aínda que coa prohibición de entrar en combate. O 30 de marzo de 1879 desembarcou en Durban, participou como voluntario en varias misións de recoñecemento, pero o 2 de xuño, nunha desas misións, foi sorprendido por un grupo de 40 zulús e morreu mentres defendía a súa vida nas proximidades do río iTyotyosi. Os seus restos leváronse a Inglaterra, onde se efectuou un funeral de estado, presidido pola raíña Vitoria de Inglaterra.