Naoko Takeuchi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Naoko Takeuchi
Nacemento15 de marzo de 1967
 Kōfu
NacionalidadeXapón
Alma máterUniversidade Keio
Ocupaciónilustradora, Mangaka e letrista
CónxuxeYoshihiro Togashi
Coñecido/a porSailor Moon
PremiosPrêmio de Mangá Kōdansha
editar datos en Wikidata ]

Naoko Takeuchi (武内 直子 Takeuchi Naoko?), nada na cidade de Kofu, na prefectura de Yamanashi,[1] o 15 de marzo de 1967, é unha artista xaponesa de manga. É coñecida polas series manga Codename: Sailor V (1991–1997) e Sailor Moon (1991–1997).

Gañou o segundo premio de Banda Deseñada Nakayoshi de Newcomers por Yume ja Nai no Ne (1985) e o premio de Novo Artista por Love Call (1986). O seu seguinte manga Sailor Moon, converteuse nun dos manga máis exitosos e populares do mundo, con máis de 35 millóns de copias vendidas internacionalmente. En 1993, gañou o premio de Manga Kodansha pola serie. Fóra do Xapón, as adaptacións anime de Sailor Moon foron máis exitosas que o manga e considéranse que axudaron a popularizar a animación xaponesa no mundo occidental.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Naoko Takeuchi Anime News Network. Consultado o 10 de maio de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]