Nandita Das

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nandita Das
Nandita Das still2.jpg
Nacemento7 de novembro de 1969
LugarBombai
NacionalidadeIndia
Educada enUniversidade de Delhi e Miranda House
PaiJatin Das
Profesióndirectora de cine e actriz
Na rede
http://nanditadas.com
IMDB: nm0201903 Allocine: 15441 Allmovie: p223058 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Nandita Das, nada en Bombai o 7 de novembro de 1969, é unha actriz e directora de cinema india. Actuou en máis de 40 filmes en dez linguas diferentes. Das foi aclamada polas súas interpretacións nos filmes Fire (1996), Earth (1998), Bawandar (2000), Kannathil Muthamittal (2002), Azhagi (2002), Kamli (2006) e Before The Rains (2007). A súa estrea como directora foi con Firaaq (2008), que se estreou no Festival de Cinema de Toronto.

Das foi xurado do Festival Internacional de Cine de Cannes en dúas ocasións. En 2005, foi xurado da competición principal xunto con Fatih Akin, Javier Bardem, Salma Hayek, Benoît Jacquot, Emir Kusturica, Toni Morrison, Agnès Varda e John Woo. En 2013, foi xurado de Cinéfondation e curtametraxes a carón de Jane Campion, Maji-da Abdi, Nicoletta Braschi e Semih Kaplanoğlu.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O pai de Das é o artista Jatin Das, e a súa nai é Varsha Das, unha escritora.[1] Naceu en Bombai, mais medrou principalmente en Delhi,[2] onde estou en Sardar Patel Vidyalaya.[3] Obtivo o seu grao en Xeografía en Miranda House e un máster en obra social na Delhi School of Social Work, ámbalas dúas afiliadas á Universidade de Delhi.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Outlook India (ed.). "The Painter's Daughter". Arquivado dende o orixinal o 11 de febreiro de 2010. Consultado o 30 de decembro de 2009. 
  2. "I am still searching for a place to call home". OPEN. Consultado o 13 de agosto de 2013. 
  3. Khushwant, Singh (21 de setembro de 2009). "The Painter’s Daughter". Outlook India. Consultado o 2 de outubro de 2015. 
  4. Mendis, Isidore Domnick (23 de xuño de 2003). Business Line, ed. "Independent stardom". Consultado o 20 de xuño de 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]