Nadia Ghulam

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaNadia Ghulam

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento4 de xuño de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Cabul, Afganistán Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaBarcelona Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeAfganistán Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webnadiaghulam.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm4783147 Twitter: nadiaghulam Editar o valor em Wikidata

Nadia Ghulam Dastgir, nada en Cabul o 4 de xuño de 1985,[1] é unha escritora afgá que pasou dez anos facéndose pasar polo seu irmán morto para eludir as restricións dos talibáns contra as mulleres. O libro sobre as súas experiencias, escrito con Agnès Rotger e publicado en 2010, El secret del meu turbant, gañou o Premio Prudenci Bertrana de ficción.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1993, unha parte da casa da familia de Ghulam foi destruída por unha bomba. Pasou un total de dous anos en diferentes hospitais para tratar as feridas que sufriu no atentado. Despois de que a insurxencia talibán tomase o control de Cabul, aos 11 anos Nadia decidiu xunto á súa nai disfrazarse de neno, adoptando a identidade do seu irmán morto Zelmai, para poder saír soa da casa e traballar para manter a súa familia.[1][3][4] Como neno, puido estudar o Corán e converteuse en axudante nunha mesquita, e aos 16 anos permitíronlle retomar a súa escola.[1]

Co estalido dunha nova guerra en Afganistán a comezos do século XXI, a historia de Ghulam deuse a coñecer por algúns occidentais, e foi a base para o filme de 2003 Osama.[1] En 2006, a Associació per als Drets Humans a l'Afganistan (Asociación para os Dereitos Humanos en Afganistán), unha ONG internacional en Cabul, permitiu o seu traslado a Cataluña, onde recibiu unha cirurxía reconstrutiva facial.[4]

En 2010, xunto a Agnès Rotger, publicou El secret del meu turbant, que gañou o Premio Prudenci Bertrana de ficción.[4] En 2014, con Joan Soler i Amigó, publicou Contes que em van curar, que foi galardoado coa Mención Especial Mare Terra, e en 2016, con Javier Diéguez, La primera estrella de la noche.[4] En 2016 obtivo a licenciatura en educación social, e en 2019 un mestrado en desenvolvemento internacional.[4] Tamén aparece en Nadia, un documental dramatizado sobre a súa historia realizado por Carles Fernández Giua.[5]

En 2016, Ghulam creou "Ponts per la pau", unha ONG que ofrece cursos de linguas para migrantes en Cataluña e que tamén axuda aos escolares de Afganistán con materiais e tarefas de lectura.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Lola Galán, "Mi vida como un hombre", El Païs, 30 de outubro de 2010, Consultado o 27 de outubro de 2020 (en castelán).
  2. "Nadia Ghulam". Centre de Cultura Contemporània de Barcelona (CC-BY-SA via OTRS). Consultado o 10 de marzo de 2016. 
  3. Robert Parsons, "Being a man was 'the only way to survive' under the Taliban", France 24, 18 de febreiro de 2019.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 "Tarragona. Premis Ones Mediterrània 2020, Nadia Ghulam, premiada con la ‘Mención Especial Mare Terra’". Noticias de Ecología y Medio Ambiente (en castelán). 2020-05-11. Consultado o 2023-05-08. 
  5. "La Conquesta Del Pol Sud". www.laconquesta.com (en castelán). Consultado o 2023-05-08. 
  6. Augusto Magaña, "'S'ha de donar eines als immigrants perquè puguin millorar els seus països'", L'Independent de Badalona, 13 de xuño de 2018, consultado o 27 de outubro de 2020 (en catalán).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]