Nacho Hortas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nacho Hortas
Nachortas logo.svg
Nome completoIgnacio Manuel Hortas Rodríguez
Nacemento1954
Lugar de nacementoCármenes
Falecemento11 de outubro de 2019
Lugar de falecementoCatoira
NacionalidadeEspaña
Ocupacióndebuxante e funcionario
editar datos en Wikidata ]

Ignacio Manuel Hortas Rodríguez,[1] nado en Cármenes, León en 1954 e finado en Catoira o 11 de outubro de 2019,[2] máis coñecido como Nacho Hortas, foi un debuxante galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo dun garda civil, naceu en Cármenes, na provincia de León, onde seu pai estaba destinado.[2][3] Mudouse a Galicia sendo moi novo por mor do traballo de seu pai, a familia trasladouse a Ourense e logo a Santiago de Compostela, para rematar en Vilagarcía de Arousa e finalmente en Catoira.[4] Casou e tivo dous fillos.[1][3][4] Traballou como funcionario para a consellería do Mar[1][2][3][4] e foi debuxante, ilustrando as páxinas de La Voz de Galicia coas súas viñetas humorísticas (e mais a edición comarcal de Arousa deste periódico baixo o título de «A Ghoma Rota») empregando como pseudónimo Nachortas,[1][3] así como noutros xornais, revistas e publicacións humorísticas.[1][2][4]

Formou parte da lista do Bloque Nacionalista Galego para as eleccións municipais de 1999 no concello de Catoira como suplente, unha lista que encabezou Xoán Xosé Castaño Conde.[2][5][6][7]

Faleceu en Catoira o 11 de outubro de 2019 a causa dunha enfermidade ós 64 anos de idade.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Costa, Bea (12-10-2019). "Falece Nachortas, debuxante de La Voz de Galicia durante dúas décadas". La Voz de Galicia. Consultado o 04-05-2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 M. O. (12-10-2019). "Falece Nacho Hortas, debuxante de Sermos Galiza". Nós Diario. Consultado o 04-05-2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Fernández, Fulgencio (13-10-2019). "El dibujante que nos trajo la Guardia Civil". La Nueva Crónica (en castelán). Consultado o 04-05-2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 González, Serxio (13-10-2019). "Nachortas, o home que ensinou os caracois a cantar". La Voz de Galicia. Consultado o 04-05-2022. 
  5. "Xoán Xosé Castaño Conde, Candidato do BNG en Catoira". Faro de Vigo. Consultado o 04-05-2022. 
  6. Estévez, R.; Costa, C. (06-04-2019). "O BNG fíase á experiencia de Caamaño en Cambados e de Castaño en Catoira". La Voz de Galicia. Consultado o 04-05-2022. 
  7. Méndez, M. (06-04-2019). "Juan José Castaño repite á fronte do BNG para medirse ao ata agora imbatible Alberto García". Faro de Vigo. Consultado o 04-05-2022. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]