NEO Scavenger

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

NEO Scavenger
NEO Scavenger wallpaper 2.png
Desenvolvedor(es)Blue Bottle Games
Distribuidora(s)Blue Bottle Games
Deseñador(es)Daniel Fedor
Programador(es)Daniel Fedor
Escritor(es)Daniel Fedor
Artista(s)Daniel Fedor
Compositor(es)Josh Culler
MotorFlixel
Lanzamento15 de decembro de 2014
XéneroRol
Modos de xogoUn xogador
Plataforma(s)Microsoft Windows, OS X, Linux
editar datos en Wikidata ]

NEO Scavenger é un videoxogo de rol e primeiro proxecto da desenvolvedora independente Blue Bottle Games, estudio liderado por Daniel Fedor, un antigo empregado de BioWare. O xogador controla un personaxe que esperta nun laboratorio crioxénico atopándose cun mundo post-apocalíptico en ruínas. O obxectivo inmediato do xogo e manter ó personaxe vivo procurando comida, roupa e refuxio nas diversas ruínas do mapa e tratando posibles enfermidades, ademais de defenderse de diversos posibles atacantes. O desenvolvedor publicou inicialmente unha demo para navegador, e ofreceu diversas opcións para acceder á beta e á versión completa do xogo.

Argumento[editar | editar a fonte]

Nun mundo post-apocalíptico,[1] o protagonista Philip Kindred esperta nunha cámara dun laboratorio crioxénico, sen nada máis que unha bata médica e sen acordarse do que lle sucedeu, procurando escapar e sobrevivir nese mundo.[1][2][3]

Mecánica de xogo[editar | editar a fonte]

O xogador controla ó personaxe protagonista seguindo unha serie de quendas, nun mapa isométrico de cadros hexagonais.[1] En cada quenda, que dura unha hora en tempo de xogo, o personaxe ten unha determinada cantidade de movementos ou accións. Con cada un destes aumenta a fame, sede e cansazo do personaxe.[1] O obxectivo do xogo e procurar a supervivencia do protagonista, o que require que o xogador procure subministracións polas diversas ruínas do mapa.[1] Ó procurar comida e outros obxectos pode alertar a diversos inimigos próximos, pero é necesario para sobrevivir e conseguir roupa, armas, comida e ferramentas.[1] O xogador pode construír diversos obxectos máis avanzados por medio de receitas predefinidas que precisan combinar unha determinada serie de oxectos.[4] O protagonista pode sufrir varias doenzas, incluíndo hipotermia, diarrea, deshidratación e malnutrición, para as que debe procurar tratamento usando varios obxectos do xogo, evitando que lle produzan a morte.[1]

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

Imaxe do mundo principal do xogo

Tras sete anos traballando para BioWare, Daniel Fedor fundou o estudio independente Blue Bottles Games e comezou a traballar no seu primeiro proxecto, NEO Scavenger.[1] O xogo está inspirado por outros xogos da súa infancia, en particular os xogos de rol de taboleiro, incluíndo Advanced Dungeons & Dragons, Rifts e Shadowrun.[1]

O xogo emprega elementos dos roguelike, xogos de aventuras e rol, e o desenvolvedor tratou de reducir a depencencia nas armas de fogo títpicas do xénero post-apocalíptico.[1] As primeiras versións do xogo empregaban un sistema de combate moi sinxelo que consistía en facer clic de forma repetida en diversas opcións básicas ata que o protagonista ou o seu rival quedaban sen puntos de vida.[5] Este sistema foi substituído por outro máis complexo que permite accións coma agarrar as pernas do contrincante e tiralo ó chan, por exemplo.[5] O gañador do comante non se determina por puntos de vida, senón pola perda de sangue, o shock circulatorio e outras causas máis realistas.[5]

Xunto coa demo gratuíta,[4] o desenvolvedor vendeu encargas de pre-venda que incluían acceso á beta, procurando financiamento para a versión completa.[1] O xogo creouse empregando unha serie de ferramentas e bibliiotecas de programación gratuítas, coma Flixel, FlashDevelop, TortoiseSVN, MySQL ou Audacity.[6]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 Sykes, Tom (2013). "NEO Scavenger". PC Gamer (UK) (248): 28. 
  2. Blue Bottle Games. "NEO Scavenger" (v0.954b). Escena: Items Screen. hospital wrist strap labeled "Philip Kindred" 
  3. Hollingworth, David (16 de marzo de 2012). "NEO Scavenger - browser games get old-school". PC & Tech Authority. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  4. 4,0 4,1 Smith, Adam (13 de marzo de 2012). "Scavenging Angels: NEO Scavenger". Rock, Paper, Shotgun. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  5. 5,0 5,1 5,2 Tarason, Dominic (28 de xullo de 2012). "School Of Hard Knocks – ‘Neo Scavenger’ Takes Survival Seriously". Indie Game Mag. Arquivado dende o orixinal o 28 de maio de 2013. Consultado o 31 de decembro de 2012. 
  6. Blue Bottle Games. "NEO Scavenger" (v0.954b). Escena: Credits. Free Tools that made N.E.O. Scavenger possible: Flixel, FlashDevelop, TortoiseSVN, MySQL, Audacity, ChevyRay's AssetBatcher 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]