Myosotis nemorosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Myosotis nemorosa (sin. Myosotis strigulosa) é unha planta herbácea anual do xénero Myosotis e da familia Boraginaceae.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

É semellante a Myosotis scorpioides L. pero o talo é anguloso e está provisto de pelos curvados cara a abaixo na súa parte inferior, as follas inferiores ás veces están provistas deles tamén na súa parte inferior, as flores son máis pequenas (a corola, azul pálida, ás veces rosa é de 4 a 6 mm de diámetro). Floración de maio a xullo.

Distribución[editar | editar a fonte]

Centro e sur de Europa.[2]

Hábitat[editar | editar a fonte]

Prados e bosques húmidos, lugares pantanosos, beiras de lagoas, regatos, gabias.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

Myosotis: nome xenérico que deriva do grego: mys, myos, que significa "ratonciño" e otos, que significa "orella", aludindo á forma da folla nalgunhas das especies do xénero.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]