Myioborus ornatus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Myioborus ornatus
En Manizales, Caldas, Colombia.
En Manizales, Caldas, Colombia.
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Parulidae
Xénero: Myioborus
Especie: M. ornatus
Nome binomial
Myioborus ornatus
(Boissonneau, 1840)
Distribución de M. ornatus

Distribución de M. ornatus

Myioborus ornatus é unha especie de paxaro da familia Parulidae. É orixinario de bosques e matogueiras dos Andes en Colombia e na zona occidental de Venezuela.

Descrición[editar | editar a fonte]

A Myioborus ornatus mide entre 13 e 13,5 cm de longo.[2] A plumaxe das súas partes superiores é de cor agrisada oliváceo moi escura e o das inferiores amarela intensa. A parte frontal do su píleo e fronte tamén son de cor amarela, chegando a ter certo ton alaranxado; en contraste, a parte traseira é negra, cun fino parche branco a modo de orella branca. As poboacións occidentais (M. o. chrysops) teñen o resto da parte frontal da facaiana amarela e só a medialúa branca no extremo posterior das coberteras auriculares, mentres que as poboacións orientais (M. o. ornatus) teñen ademais a parte frontal das coberteras auriculares e o lorum brancos. A cola é negra con rectrices laterais brancas. Os seus ollos e o seu peteiro puntiagudo son negros.[2][3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Myioborus ornatus". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. 2012. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Jon Curson. New World Warblers, p. 202. ISBN 9781408134610
  3. Johnson, Tom (2010) Golden-fronted Redstart (Myioborus ornatus); Neotropical Birds (T. S. Schulenberg, Editor). Ithaca: TheCornellLab of Ornithology. Consultado o 6 de outubro de 2013.