Museo do 20 de xullo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 4°35′54″N 74°4′30″O / 4.59833, -74.07500

Casa do Floreiro.

O Museo da Independencia - Casa do Floreiro, antes chamado Museo do 20 de xullo, é un museo de Bogotá (Colombia), que se aloxa nunha construción colonial situada na esquina nordés da Praza de Bolívar. Nel produciuse un dos seus acontecementos máis destacados, coñecido como o Berro de Independencia o día 20 de xullo de 1810. Cada 20 de xullo celébrase a independencia de Colombia con desfiles militares e honras ós símbolos patrios.

O Berro de "Independencia"[editar | editar a fonte]

O venres 20 de xullo de 1810, día de mercado na cidade, o señor Luis Rubio cun grupo de cidadáns de Santa Fe (antiga denominación de Bogotá) encabezados polos crioulos Francisco e Antonio Morales, achegáronse ó estabelecemento do distinguido español José González Llorente situado en devandito lugar, a solicitar en préstamo un floreiro para brindar un agasallo con motivo da visita do comisionado rexio e Capitán de Fragata da Real Armada don Antonio Villavicencio á cidade de Bogotá, a cal levaríase a cabo o 1 de agosto. Todo isto facía parte dun plan ben estabelecido, no cal se buscaría incitar a liorta con Llorente.

Ante a negativa de González-Llorente, xerouse unha situación de tensión que terminou por convulsionar á poboación que se atopaba na praza maior. Dita situación espertou os ideais independentistas dos crioulos quen se manifestaron en contra do goberno español.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pulecio Mariño, Enrique [1989]. Museos de Bogotá. Villegas Editores, Bogotá.
  • Instituto Colombiano de Cultura [1996]. Revolución del 20 de julio de 1810. Imprenta Nacional de Colombia, Bogotá.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]