Saltar ao contido

Museo de Pontevedra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 20 de abril de 2010 ás 22:33 por Lameiro (conversa | contribucións) (amplío)

25' 57" N / 8° 38' 35" O_E_ 0°N 0°L / 42_25_57_N_08_38_35_W, 42° 25' 57" N / 8° 38' 35" O{{#coordinates:}}: Latitude incorrecta

Museo Provincial de Pontevedra
Edificios García Flórez (á esquerda) e Castro Monteagudo
País Galicia, España
CidadePontevedra
DirectorXosé Carlos Valle Pérez
Inauguración1927
Superficie10.000 m²
Na rede
http://www.museo.depo.es
BNE: XX135670 Dialnet: 3777017
editar datos en Wikidata ]

O Museo Provincial de Pontevedra foi fundado pola Deputación de Pontevedra o 30 de decembro de 1927. Está rexido por un padroádego, sendo a Deputación Provincial de Pontevedra o seu titular. Dispón de cinco edifios históricos e un sexto en construción, con sesenta salas de exposición permanente. Os fondos do museo son pluridisciplinares, clasificados en salas de belas artes, arqueoloxía, etnografía e artes aplicadas. Localízase na rúa Pasantería en Pontevedra.

Foi distinguido en 1996 coa Medalla de Ouro de Galicia.

Historia

O Museo de Pontevedra foi fundado pola Deputación Provincial, no pazo do Castro Monteagudo o 30 de decembro de 1927 e abriu ó público o 10 de agosto de 1929[1].

Na actualidade o museo ocupa cinco edificios históricos. Un sexto edificio moderno está en construción desde o ano 2004.

Edificio Castro Monteagudo

Este edificio está datado en 1760, e leva ese nome porque foi edificado por José de Castro y Monteagudo, primeiro Auditor na Provincia Marítima de Pontevedra[2]. É o edificio inicial do museo.

As distintas salas exhiben os fondos arqueolóxicos, de orfebrería prerromana e romana, pratería e pintura.

Arqueoloxía

Á arqueoloxía estánlle dedicadas dúas salas no edificio Castro Monteagudo. Presentan materiais significativos de etapas da prehistoria e da protohistoria de Galicia.

Cómpre destacar a colección de torques e outras pezas castrexas procedentes, entre outros, dos achádegos dos tesouro de Caldas e de Agolada.

Colección de pratería Fernández de la Mora y Mon

A colección, depositada de modo permanente no edificio Castro Monteagudo, foi adquirida polo escritor e diplomático Gonzalo Fernández de la Mora y Mon. Está formada por pezas anteriores a 1900, predominando a arte civil sobre o sacro. As pezas son procedentes, ademais da península Ibérica e de Hispanoamérica, doutros lugares coma Rusia ou China.

A serie de prata nielada (con incrustacións de aleacións de chumbo) inclúe caixas e portavasos rusos, petacas turcas e cuencos tailandeses.

Unha das pezas máis antigas é un cuenco bizantino para bautizar, do século XV ou XVI. A de maior relevancia histórica é unha caixa do predicador de Nova Inglaterra Thomas Hooker de 1600, e a máis nobre é unha caixa de rapé moscovita con cantos curvos de comezos do século XIX.

Pero a peza máis valiosa é unha soupeira imperial, forxada en Estrasburgo cara a 1800, sen desmerecer unha xerra-trofeo ofrecida pola emperatriz de Alemaña Augusta Vitoria ao vencedor dunha carreira en 1898, con moedas de ouro incrustadas coas efixies dos tres emperadores que reinaron no mesmo ano.

Edificio García Flórez

O pazo García Flórez chámase así por ser Antonio García Estévez Fariña e maila súa esposa Tomasa Suárez Flórez os que no século XVIII ergueron esta casa señorial sobre un pazo anterior. Foi unido ó Museo Provincial en 1943.

Os fondos que se expón nas súas salas consisten en material e mobiliario de mareantes, escultura relixiosa e acibechería. Na segunda planta expóñense os fondos de Castelao que posúe o Museo.

Edificio Fernández López

Edificio Fernández López

Foi edificado desde o ano 1962 e rematado no 1965. O nome é unha homenaxe ao principal doador José Fernández López. Expón unha ampla colección de pintura romántica e histórica, con salas dedicadas especificamente a Goya e Joaquín Sorolla.

Neste edificio alóxanse as dependencias administrativas do Museo, a biblioteca e o archivo gráfico (composto por máis de 500.000 rexistros).

Ruínas de Santo Domingo

É o edificio máis antigo do museo. Ocupa os restos do Convento de Santo Domingo, construído nos séculos XIV e XV e abandonado desde a desamortización de Mendizábal de 1834. Conserva unicamente a capela maior e capelas laterais da cabeceira e mostra, ademais dos propis restos da igrexa que aínda se conservan en pé, unha ampla colección de escudos, lápidas gremiais, baldaquinos, capiteis e estatuas diversas.

Edificio Sarmiento

Trátase do antigo colexio dos Xesuítas, construción de estilo barroco iniciada en 1695 e rematada no ano 1714. Incorporouse ó museo en 1979.

Sexto edificio

Trátase dun edificio de nova creación que en 2010 segue en obras aínda que se utiliza para exposicións temporais.

Biblioteca

Biblioteca.

A bibloteca empezou cun lote de 108 libros. En 2007 o seu fondo acadou, con máis de 6.000 titulos de publicacións seriadas, máis de 150.000 rexistros bibliográficos, 500 mapas e planos e seccións de documentación. É unha biblioteca especializada á disposición de investigadores, cunha sala de lectura aberta ao publico unicamente para consultar os fondos, non existindo o préstamo a domicilio. A biblioteca leva a cabo varias misións de interese científico e colabora co Ministerio de Cultura e coa Xunta de Galicia.

Publicacións científicas

A revista anual do museo, El Museo de Pontevedra, publicouse por primeira vez no ano 1942. Ademais dos catálogos propios de cada exposicion, o Museo publica monografías.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

  • María de la Paz Varela Campos: Guía de museos de Galicia, Edicións Nigra Trea S.L., ISBN 84-95364-04-2, px. 99-101.
  • Xoán R. Cuba, Antonio Reigosa e a colaboración de Fernando Arribas Arias: Guía do Museo Provincial de Lugo, Deputación Provincial de Lugo, 2003. ISBN 84-8192-226-9.

Outros artigos

Ligazóns externas