Saltar ao contido

Tesouro de Agolada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tesouro de Agolada
 Instancia de
 Material
Datas e cronoloxía
 Data descuberta
1920 Editar o valor en Wikidata
 Data de creación
1700 a. C.
1600 a. C. Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización descuberta
 Colección
Wikidata

O tesouro de Agolada é un conxunto de xoias, datadas probablemente no Bronce Inicial ou Bronce Antigo B (1700 - 1600 a. C.),[1] composto por unha gargantilla e dous brazaletes de ouro. Atopouse, preto do Castro de Goiás, na parroquia de Ferreiroa, nun túmulo con motivo das obras da estrada de Lalín a Agolada no ano 1920,[2] polo que se entende que formaba parte dun enxoval funerario.

O conxunto ten varios paralelos en Galicia, pero fóra de Galicia só se teñen atopado obxectos semellantes na Bretaña francesa, feito que é interpretado como unha testemuña das relacións atlánticas entre os poboadores do territorio galego e os da Bretaña francesa nos inicios da Idade de Bronce, sendo tamén interpretados como a expresión dunha sociedade xerarquizada.

Na actualidade consérvase no Museo de Pontevedra.

Descrición

[editar | editar a fonte]

A gargantilla é unha delgada lámina rectangular con estreitamentos cara aos extremos. Mide 40 cm de lonxitude e 7,6 de ancho no centro onde alcanza a maior anchura e se decora con dezaoito cortes horizontais resultando dezanove canas limitadas por outras tres canas verticais feitas con buril. Nos extremos presenta pestanas dobradas para o seu enganche.

Os brazaletes son subcilíndricos, macizos, con forma de curva elíptica, lisos e abertos, que rematan en dous botóns planos. O seu diámetro máximo é de 9 cm e pesan entre 300 e 400 gramos.

  1. Eiroa, Jorge Juan (2004). "La edad del bronce en Murcia" (en castelán). 
  2. "O misterio do Tesouro de Agolada". historiadegalicia.gal. Consultado o 2021. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]