Murasaki Shikibu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Murasaki Shikibu

Murasaki Shikibu (紫式部), dama da corte xaponesa a mediados da era de Heian (século X-XI), é sobre todo coñecida pola súa novela A historia de Genji (源氏物語, Genji monogatari).

Foi coñecida inicialmente como Tō-shikibu (藤 式部) - un nome nyōbo creado a partir do rango do pai, Tō (藤), de onde Tō-shikibu do apelido paterno (藤原) e relacionado con un título (shikibu-taijō, 式部大丞) cortesán - , mais o seu posterior nome propio "Murasaki", que quere dicer "púrpura", procede dunha alcuña que se lle dou na corte, tomado dun personaxe do mesmo "Genji monogatari", que causara unha grande impresión no público.

Filla de Tametoki Fujiwara, dignatario da corte, casou con Nobutaka Fujiwara, mais loguiño enviuvou, entrando ao servizo dunha das dúas emperatrices-consortes do emperador Ichijō, Shōshi. Durante este período, altos dignatarios como Fujiwara no Michinaga (藤原道長) emprestáronlle atención.

A súa obra principal, considerada como unha obra-mestra da literatura do seu país é A historia de Genji. Ademais legou outra obra, un dietario íntimo (紫式部日記, Murasaki Shikibu nikki), e unha colección de poemas que fixo que fose considerada como un dos trinta e seis grandes poetas da época.