Municipio de Ventspils

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMunicipio de Ventspils
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°19′N 21°38′L / 57.32, 21.63Coordenadas: 57°19′N 21°38′L / 57.32, 21.63
EstadoLetonia Editar o valor em Wikidata
CapitalVentspils Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación10.512 (2023) Editar o valor em Wikidata (4,28 hab./km²)
Lingua usadaLingua livonia
lingua letoa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.458,62 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación2009 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2LV-106 Editar o valor em Wikidata
Latvian toponymic names database ID (en) Traducir117242 Editar o valor em Wikidata

Páxina webventspilsnovads.lv Editar o valor em Wikidata

O municipio de Ventspils (en letón, Ventspils novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, mais o municipio de Ventspils permanece na mesma configuración que xa tiña desde a reorganización previa da Saeima aprobada en 2009.

Localizado no noroeste de dito país báltico conforma a parte máis ao norte da rexión histórica de Curlandia.

A xestión administrativa deste municipio exércese desde a cidade de Ventspils, rúa Skolas 4, mais curiosamente a propia cidade non pertence ao municipio de Ventspils xa que conta cun rango de autonomía propio.

Ten unha superficie de 2462,3 km² e unha poboación de 10 777 persoas a finais de 2021[1]. O Municipio cómponse das parroquias de Piltene, Ance, Jūrkalne, Pope, Puze, Tārgale, Ugāle, Usma, Užava, Vārve, Ziras e Zlēkas.

Xeografía e clima[editar | editar a fonte]

O municipio de Ventspils está situado nas terras ao nivel do mar ao longo da costa do Mar Báltico e divídese na chaira de Irve ao norte, a chaira de Ventava ao redor de Ventspils e a chaira de Piemare ao sur. É o único municipio de Curlandia que fisioxeograficamente se atopa unicamente nas terras baixas. Nalgúns lugares, as elevacións do relevo terrestre son os remanentes no antigo lago de xeo do Báltico (como as elevacións de Puze, Ugāle e Pope de até 50, 60 e 68 m sobre o nivel do mar, respectivamente). Son comúns alí as rocas básicas expostas do Devónico medio, limolita, arxila, marga e dolomita. Máis do 60 % do municipio está cuberto de bosques e dous terzos de todas as árbores son piñeiros.

A cantidade de precipitación é de 600 a 800 mm por ano, cun máximo ao sur, na confluencia dos ríos Venta e Abava. Ten unha temperatura media de -3 -4 °C en xaneiro, e de +16 a +16,5 °C en xullo.

Lago na parroquia de Usma, ano 2023.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]