Limolita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Un fragmento de limolita.

A limolita é unha rocha sedimentaria que ten un tamaño de gran no rango de limo, máis fino que o arenito e máis groso que as arxilas.

Descrición[editar | editar a fonte]

A limolita é unha rocha sedimentaria clástica. Como o seu nome indica, está composta principalmente (más de 2/3) de material limoso, partículas de tamaño definido como grans de 1/16 a 1/256 mm ou de 4 a 8 na escala phi (φ) de Krumbein. As limolitas difiren significativamente dos arenitos debido aos seus poros máis pequenos e unha maior propensión a conter unha significativa fracción de arxila. Aínda que a miúdo se confunde cunha lousa sedimentaria, a limolita carece da fisibilidade e das láminas que son típicas das lousas sedimentarias. As limolitas poden conter concrecións. A menos que a rocha sedimentaria sexa arxilosa dabondo, a estratificación é pouco clara e tende a meteorizarse en ángulos oblicuos non relacionados coa estratificación. A limolita diferénciase doutras rochas similares que conteñen material barroso (nun rango entre o limo e a arxila), por ter unha composición maioritaria de limo, non de arxila.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]