Municipio de Talsi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaMunicipio de Talsi

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 57°25′00″N 22°40′00″L / 57.4167, 22.6667Coordenadas: 57°25′00″N 22°40′00″L / 57.4167, 22.6667
EstadoLetonia Editar o valor em Wikidata
CapitalTalsi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación34.895 (2023) Editar o valor em Wikidata (12,69 hab./km²)
Xeografía
Superficie2.750,78 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xullo de 2021 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2LV-097 Editar o valor em Wikidata

O municipio de Talsi (en letón, Talsu novads) é un dos 36 municipios de Letonia. Os 36 municipios son resultado da última reorganización do territorio aprobada o 1 de xuño de 2021, que fusionou o vello e menor municipio de Talsi cos municipio de Dundaga, Mērsraga e Roja.

Localizado no noroeste de dito país báltico, fai costa ao seu leste co golfo de Riga e ao norte co estreito de Irbe. A súa capital é a propia cidade de Talsi.

Ten unha superficie de 1.763,2 km² e unha poboación de 35 699 persoas a finais de 2021[1]. O municipio componse das parroquias de Abava, Balgale, Ģibuļi, Īve, Ķūļciems, Laidze, Lauciene, Lībagi, Lube , Strazde, Valdgale, Vandzene, Virbi e os pobos de Talsi, Stende, Sabile e Valdemārpils.

O municipio forma parte da rexión histórica de Curlandia.

Conflito lingüístico[editar | editar a fonte]

O 25 de xaneiro de 2023 o municipio instalou sinais de tráfico en lingua livonia en 14 vilas do territorio, para mostrar en paralelo coa información de tráfico letoa o nome da localidade en livonio, un exercicio de soberanía parte do proceso de normalización do livonio na rexión. A actividade pretende extenderse ata chegar a 171 vilas e lugares en todo o Municipio. O proceso foi apoiado polo Centro Estatal da Lingua en Riga, que tras a nova publicada nos xornais argumentaron que era unha política lingüística de acordo á Constitución letoa, en recoñecemento da herdanza histórica e cultural e da preservación dunha lingua que no seu último censo databa en 250 residentes os que tiñan coñecemento parcial de livonio e só entre 20-30 persoas as que o podían falar con fluídez.[2]

Así mesmo existe un debate lingüístico sobre a forma do letón falada na cidade de Talsi. Anete Ozola, investigadora do Instituto para a Lingua Letoa da Universidade de Letonia (UL) explica que as variacións da lingua son propias a toda lingua, e que os cidadáns da vila non posúen un dialecto diferenciado.[3] Por outra banda, na cidade son visíbeis esculturas, como na imaxe a continuación, onde se pode ler formas con diferenzas notábeis ao letón. Para a conxugación do presente do verbo ser, ou estar "būt" o letón formal escribe "Es esmu" (Eu son) mais en Talsi a deviación conxúgase como "Es i".

Forma dialectal do Municipio de Talsi.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]