Saltar ao contido

Mulatu Astatke

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaMulatu Astatke

(2017) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento19 de decembro de 1943 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Jimma, Etiopía Editar o valor en Wikidata
EducaciónBerklee College of Music
Lindisfarne College Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlocutor de radio, cantante, compositor, arranxador musical Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1963 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorRadcliffe College Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoEthio-jazz e Música africana Editar o valor en Wikidata
InstrumentoVibráfono, piano eléctrico Wurlitzer e Instrumento de percusión Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteDictionary of African Biography,
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm1939072 Twitter: MulatuAstatke1 MySpace: heliocentrics BNE: XX4885813 Bandcamp: mulatuastatke Spotify: 7HGFXtBhRq3g1Ma3nH4Rgv Last fm: Mulatu+Astatke Musicbrainz: 67f0c7ca-14e8-47a3-be0e-bd2f2ffe25bb Songkick: 61746 Discogs: 286112 Allmusic: mn0001784311 Editar o valor en Wikidata

Mulatu Astatke (en amhárico: ሙላቱ አስታጥቄ), ou na súa versión afrancesada alternativa Astatqé, nado en Jimma, Rexión de Oromia, o 19 de decembro de 1943, é un vibrafonista etíope coñecido como fundador do ethio-jazz hai 52 anos[cando?] nos Estados Unidos.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou enxeñaría aeronaútica tras emigrar con 16 anos ao norte de Gales. Cun interese crecente polo jazz como afeccionado redirixe os seus estudos e logra ser o primeiro estudante africano admitido no Berklee College of Music de Boston, onde recibiu un título honorífico en 2012.

Como músico, Astatke introduciu o vibráfono e a conga na música popular etíope, o seu obxectivo como estudante, acadado na fundación do Ethio-Jazz, foi a de combinar a escala pentatónica etíope cos doce tons occidentais sen perder harmonía. Bautizou a súa solución como as "cinco contra as doce".

Outros instrumentos cos que traballa como solista son a batería, teclados e órgano. Os seus álbums céntranse principalmente na música instrumental, e Astatke aparece nos tres álbums máis coñecidos de instrumentalistas que se publicaron durante os dourados anos 70 en Etiopía. Colaborou con moitos artistas notábeis en ambos países, arranxando e tocando en gravacións de Mahmoud Ahmed, e aparecendo como convidado especial con Duke Ellington durante unha xira por Etiopía en 1973. O seu público occidental ampliouse canda a estrea do filme de Jim Jarmusch Broken Flowers (2005) no que se incluíron sete cancións de Astatke. Varios artistas de hip hop tamén samplearon de xeito adoito as cancións de Astatke, por exemplo nos traballos de Nas, Damian Marley, Kanye West, Cut Chemist e Knaan. En 2006 realizou unha xira coa banda estadounidense Either/ Orchestra e no 2008 gravou un álbum cos The Heliocentrics, ademais de completar unha bolsa do Instituto Radcliffe na Universidade Harvard, onde traballou en modernizacións de instrumentos tradicionais etíopes e estreou unha parte dunha nova ópera, The Yared Opera.[1]

Discografía

[editar | editar a fonte]

En solitario

[editar | editar a fonte]
  • Maskaram Setaba, 7" (Addis Ababa, 1966)
  • Afro-Latin Soul, Volume (Worthy, 1966)
  • Afro-Latin Soul, Volume 2 (Worthy, 1966)
  • Mulatu of Ethiopia (Worthy, 1972)
  • Yekatit Ethio-Jazz (Amha, 1974)
  • Plays Ethio Jazz (Poljazz, 1989)
  • Éthiopiques, Vol. 4: Ethio Jazz & Musique Instrumentale, 1969–1974 (Buda Musique, 1998)
  • Mulatu Steps Ahead with the Either/Orchestra (Strut, 2010)
  • Sketches of Ethiopia (Jazz Village, 2013)
  • Assiyo Bellema (Mississippi/Change Records, 2013)

Colaboracións

[editar | editar a fonte]
  • Tche Belew with Hailu Mergia & The Walias Band (Kaifa, 1977)
  • Inspiration Information with The Heliocentrics (2009)
  • Cradle of Humanity with Black Jesus Experience (2016)
  • To Know Without Knowing with Black Jesus Experience (2020)

Recompilatorios

[editar | editar a fonte]
  • Ethiopian Modern Instrumentals Hits (Amha, 1974)
  • New York–Addis–London: The Story of Ethio Jazz 1965–1975
  • The Rough Guide to the Music of Ethiopia (World Music Network, 2004)
  • Broken Flowers (Decca, 2005)
  1. "Conozcan a Mulatu Astatke una leyenda de la música global y creador del Ethio Jazz". www.antesqueenelhype.com (en castelán). Consultado o 1 de xuño de 2024.