Mucha e Nucha
Mucha e Nucha, anteriormente coñecidos como Os dous de sempre, é o nome do dúo humorístico formado polos actores de Culleredo Marcos Pereiro e Xosé Antonio Touriñán. Tamén se chaman "Cantareiras de Ardebullo" ou "Pandeireteiras de Ardebullo".
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezaron en 2004 a facer actuacións soltas en obras colectivas de humor na sala Nasa de Santiago de Compostela e noutras salas e concursos de humor en Galicia. En 2007 comezan a participar puntualmente en programas da Radio Galega e, posteriormente, no programa de variedades da Televisión de Galicia máis lonxevo, o Luar. Remataron a súa colaboración con Luar o 30 de decembro do 2011, en pleno éxito, cunha emotiva despedida por parte dos seus compañeiros do programa.[1]. En 2013 volveron á TVG protagonizando o programa A casa da Conexa que se mantivo ao longo de tres tempadas, ata 2015.
Forma e estilo
[editar | editar a fonte]Baséanse no humor dialogado, en xeral entre os dous actores, de estrutura sinxela e baseado na retranca[2]. O seu sketch básico consiste na adaptación dun tema de fondo, do que sae un rumor que non queren contar, pero que acaban contando. Por último cantan unha canción, normalmente adaptada e ridiculizada.
Personaxes
[editar | editar a fonte]Mucha e Nucha son dúas irmás dun lugar chamado Ardebullo. Contan que son 13 irmás, e de entre elas, Carmucha forma parte do trío, pero explican que nunca pode asistir. Son fillas da Conexa, muller de reputación por ter as paletas moi longas. Tamén é personaxe de referencia habitual o Padre Nicanor, ó que lle dedican cancións e máis dun rumor.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Adiós a Mucha y Nucha, cantareiras de Ardebullo, La Voz de Galicia, 02/01/2012
- ↑ Duelo de gargalladas Arquivado 12 de marzo de 2016 en Wayback Machine., La Voz de Galicia, 14/12/2004