Igrexa de San Miguel de Eiré

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mosteiro de San Miguel de Eiré")

Coordenadas: 42°31′5.79″N 07°38′52.31″O / 42.5182750, -7.6478639

Vista do conxunto.
Pinturas do interior.

A Igrexa de San Miguel de Eiré, tamén chamado Mosteiro de Eiré, é unha igrexa románica de orixe monástica e un dos mellores exemplos conservados en Galicia de arquitectura románica. Está situada na parroquia de Eiré, no concello lucense de Pantón.

Historia[editar | editar a fonte]

Adoitase situar a súa fundación como mosteiro de monxas de San Bieito nos primeiros anos do século XII, e da primeira metade deste século data a igrexa. Porén conserva elementos arquitectónicos anteriores que puideron ser reaproveitados de anteriores construcións.

Descrición[editar | editar a fonte]

De nave única cuberta con teito de madeira agás o cruceiro que se cobre con bóveda. Na cabeceira a ábsida semicircular decórase con catro columnas acaroadas con capiteis con cabezas de serpes. No interior o acceso á cabeceira faise a través dun arco triunfal triplo. Nesta cabeceira consérvanse pinturas murais do século XVI. A porta norte decórase cun Agnus Dei con cruz e unhas xambas con curiosa decoración de follas que rematan en cabezas humanas.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]