Saltar ao contido

Mosquito tigre

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosquito tigre
Estado de conservación
Non avaliado
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Diptera
Suborde: Nematocera
Familia: Culicidae
Subfamilia: Culicinae
Tribo: Aedini
Xénero: Aedes
Subxénero: Stegomyia
Especie: A. albopictus
Nome binomial
Aedes albopictus
Skuse 1895
Distribución global (2015).
Distribución global (2015).

Distribución global (2015).
Sinonimia
  • Culex albopictus Skuse 1895
  • Stegomyia albopicta Skuse 1895

O mosquito tigre[1][2][3] (Aedes albopictus) é unha especie de mosquito da familia dos culícidos orixinaria das áreas tropicais e subtropicais do sueste asiático. Porén, nos séculos pasados esta especie estendeuse por moitos países a través do transporte de mercadorías e das viaxes internacionais.[4] Caracterízase polas bandas brancas nas súas patas e no corpo.

Este mosquito converteuse nunha praga importante en moitas comunidades porque está estreitamente asociado cos humanos (en lugar de vivir en zonas húmidas) e normalmente voa e aliméntase durante o día, ademais de ao solpor e ao amencer. O insecto chámase mosquito tigre pola súa aparencia a raias, que se asemella á dun tigre. Ae. albopictus é un importante vector epidemiolóxico para a transmisión de moitos patóxenos virais, incluíndo a febre amarela, a febre do dengue e o Chikungunya,[5] así como varios nematodos de filariose como Dirofilaria immitis.[6] Aedes albopictus é capaz de albergar o virus de Zika[7][8] e considérase un vector potencial para a transmisión de Zika entre os humanos.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Filloy, Laura (24 de xuño de 2024). "O mosquito tigre volve a Galicia: “Ata o 80% dos focos de cría están en casas particulares”". gciencia. Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  2. sergas.es (ed.). "MOSQUITO TIGRE (AEDES ALBOPICTUS)". Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  3. xunta.gal, ed. (18 de agosto de 2023). "A Xunta confirma a presenza de mosquito tigre en Vigo". Consultado o 25 de xuño de 2024. 
  4. Scholte, J.-E.; Schaffner, F. (2007). "Waiting for the tiger: establishment and spread of the Aedes albopictus mosquito in Europe". En Takken, W.; Knols, B. G. J. Emerging pests and vector-borne diseases in Europe 1. Wageningen Academic Publishers. ISBN 978-90-8686-053-1. doi:10.3920/978-90-8686-626-7. 
  5. Hochedez, P.; et al. (2006). "Chikungunya Infection in Travelers". Emerging Infectious Diseases 12 (10): 1565–1567. ISSN 1080-6040. PMC 3290953. PMID 17176573. doi:10.3201/eid1210.060495. 
  6. Cancrini G, Frangipane di Regalbono A, Riccia I, Tessarin C, Gabrielli S, Pietrobelli M (2003). "Aedes albopictus is a natural vector of Dirofilaria immitis in Italy". Veterinary Parasitology 118 (3–4): 195–202. ISSN 0304-4017. PMID 14729167. doi:10.1016/j.vetpar.2003.10.011. 
  7. Wong, Pei-Sze Jeslyn (2013). "Aedes (Stegomyia) albopictus (Skuse): A Potential Vector of Zika Virus in Singapore". PLOS Neglected Tropical Diseases 7 (8): e2348. PMC 3731215. PMID 23936579. doi:10.1371/journal.pntd.0002348. 
  8. Grard, Gilda (2014). "Zika Virus in Gabon (Central Africa) – 2007: A New Threat from Aedes albopictus?". PLOS Neglected Tropical Diseases 8 (2): e2681. PMC 3916288. PMID 24516683. doi:10.1371/journal.pntd.0002681. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]