Moscardo (filosofía)
Un tabán social ou moscardo social é unha persoa que interfire co statu quo dunha sociedade ou comunidade suscitando preguntas novidosas e potencialmente molestas, xeralmente dirixidas ás autoridades. O termo está orixinalmente asociado co filósofo grego Sócrates, na súa defensa cando foi xulgado pola súa vida.
Historia
[editar | editar a fonte]Sócrates
[editar | editar a fonte]O termo "tabán" ou "moscardo"[1] (en grego: μύωψ,[2] mýops [3]) foi usado por Platón na Apoloxía[4] para describir a Sócrates actuando como un aguillón incómodo para a escena política ateniense, como un esporón ou unha mosca que pica espertando un cabalo lento.
Durante a súa defensa cando foi xulgado pola súa vida, Sócrates, segundo os escritos de Platón, sinalou que a disidencia, como o moscardo, era fácil de esmagar, pero o custo para a sociedade de silenciar ás persoas que eran irritantes podería ser moi elevado:
"Se matan un home coma min, faranse máis dano a vostedes mesmos do que a min”
De aí provén o alcume de Sócrates como "moscardo de Atenas".[5]
Idade moderna e contemporánea
[editar | editar a fonte]William Shakespeare usa a metáfora do moscardo (en inglés "gadfly") en The tragedy of Antony and Cleopatra, Hamlet e O rei Lear.[6][7]
A finais do século XIX, en 1897, Ethel Voynich publicou a novela The Gadfly sobre as loitas do axente revolucionario A. Burton na Italia do Risorgimento. A obra tornouse moi popular na Unión Soviética, sendo considerada ideoloxicamente útil.[8] En 1955, o realizador soviético Aleksandr Fajntsimmer adaptou a novela para un filme homónimo (Ovod, en ruso). O compositor Dmitrii Shostakovich, quen tamén compuxo temas sobre as obras de Shakespeare, escribiu a banda sonora.[9]
Na política moderna, un tabán ou moscardo é alguén que desafía persistentemente ás persoas en posicións de poder, o statu quo ou unha posición popular.[10] Por exemplo, Morris Kline escribiu:
"Hai unha función para o moscardo que suscita preguntas que moitos especialistas quererían ignorar. A polémica é saudable." [11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Dicionario". Real Academia Galega; moscardo. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ Véxase "Gadfly or Spur? The Meaning of ΜΎΩΨ in Plato’s Apology of Socrates". (en inglés)
- ↑ Véxase "commentary for book 3, line 277, out of George W. Mooney's Commentary on Apollonius: Argonautica". (en inglés)
- ↑ "Plato, Apology, section 30e". www.perseus.tufts.edu. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "Inteligência artificial: o 'garfo de Copenhague' e o 'moscardo de Atenas'". JOTA Info (en portugués). 2020-03-29. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ Shakespeare, William (1847). Shakespeare's Plays: With His Life (en inglés). Harper & Brothers.
- ↑ "Shakespearean Entomology". nzetc.victoria.ac.nz. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ People's Daily Online, ed. (2005). "Chinese-interpreted The Gadfly" (en inglés). Consultado o 9 de xaneiro de 2012.
- ↑ "Shostakovich, D.: Hamlet Suite / The Gadfly Suite - C10298". www.naxos.com. Consultado o 2022-07-29.
- ↑ "Publix uses law to boot gadfly". 2007-08-08. Consultado o 2008-06-22.
- ↑ Why the Professor Can't Teach (1977), páx. 238
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Moscardo (filosofía) |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Moscardo |
A Galipedia ten un portal sobre: Grecia antiga |