Morruncho

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Morruncho
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Mollusca
Clase: Bivalvia
Orde: Ostreida
Superfamilia: Ostreoidea
Familia: Ostreidae
Xénero: Ostrea
Especie: Ostrea stentina
Nome binomial
Ostrea stentina
Payraudeau, 1826
Sinonimia

Ostrea aupouria Dinamani, 1981
Ostrea parenzani Settepassi in Parenzan, 1974
Ostrea lixula Weisbord, 1964
Ostrea crustacea Monterosato, 1915
Ostrea stentina isseli Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1887
Ostrea stentina prepratxi Bucquoy, Dautzenberg & Dollfus, 1887
Ostrea sicula Gregorio, 1884
Ostrea edulis mimetica de Gregorio, 1884
Ostrea prevostii G. B. Sowerby II, 1871
Ostrea obesa G. B. Sowerby II, 1871
Ostrea virescens Angas, 1868
Ostrea guineensis Dunker, 1853
Ostrea spreta d'Orbigny, 1846
Ostrea pauciplicata Deshayes, 1835
Ostrea equestris (Say, 1834)
Ostrea equestris Say, 1834
Ostrea curvata Risso, 1826
Ostrea capsa Fischer von Waldheim, 1807

O morruncho[1], murruncho ou ostra borda [2] (Ostrea stentina) é unha especie de molusco bivalvo.[3] Foi descrita por primeira vez por Charles Payraudeau en 1826.[4]

Ten unha cuncha oval ou arredondada, duns 40-60 mm de diámetro, e de bordo irregular, sendo, como na ostra común, a valva inferior plana e a superior lixeiramente convexa. A superficie de ámbalas valvas e irregular, escamosa.

A cor é abrancazada ou tirando a verde, observándose bandas radiais de ton rosada. O interior é branco anacarado.

Vive fixada ás rochas en zonas pouco profundas.

Segundo o gastrónomo Víctor Sueiro, o morruncho é moi apreciado polo seu sabor exquisito (xuízo que toma de Eladio Rodríguez González), o que non impide que o cualifique o irmán pequeno e desherdado da ostra [5]. En realidade, non é obxecto de explotación comercial e esta especie non aparece rexistrada nas estatísticas de Pescadegalicia.gal (plataforma dependente da Consellería do Mar.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Resolución de 26 de febrero de 2015, de la Secretaría General de Pesca, por la que se publica el listado de denominaciones comerciales de especies pesqueras y de acuicultura admitidas en España
  2. Ramonell, Rosa: Guía dos mariscos de Galicia, Galaxia, Vigo 1985.
  3. Roskov Y., Kunze T., Orrell T., Abucay L., Paglinawan L., Culham A., Bailly N., Kirk P., Bourgoin T., Baillargeon G., Decock W., De Wever A., Didžiulis V. (ed) (2019). "Species 2000 & ITIS Catalogue of Life: 2019 Annual Checklist.". Species 2000: Naturalis, Leiden, the Netherlands. ISSN 2405-884X. TaxonID: 54437384. Arquivado dende o orixinal o 18 de decembro de 2019. Consultado o 2019-11-11. 
  4. Payraudeau, B. C. (1826) Catalogue descriptif et méthodique des Annelides et des Mollusques de l'île de Corse , Paris. 218(8): pp. pl.
  5. Víctor Sueiro, px. 243-244.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]