Morris West
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 26 de abril de 1916 St Kilda, Australia (en) |
Morte | 9 de outubro de 1999 (83 anos) Sydney, Australia |
Relixión | Catolicismo |
Educación | Universidade de Melbourne (pt) Universidade Católica Australiana (pt) St Mary's College (en) |
Actividade | |
Ocupación | escritor, novelista |
Período de actividade | 1945 - |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
Morris Langlo West, nado o 26 de abril de 1916 e finado o 9 de outubro de 1999, foi un novelista e dramaturgo australiano. É coñecido polas súas novelas The Devil's Advocate (1959), The Shoes of the Fisherman (1963) e The Clowns of God (1981). Os seus libros foron publicados en 27 linguas e venderon máis de 60 millóns de copias en todo o mundo. Cada novo libro que escribiu despois de converterse en escritor establecido vendeu máis dun millón de exemplares.[1]
As obras de West centráronse a miúdo na política internacional e no papel da Igrexa católica nas relacións internacionais. Unha das súas obras máis célebres, The Shoes of the Fisherman (1963), describe a elección e a carreira dun eslavo como papa, 15 anos antes da histórica elección de Karol Wojtyła como Xoán Paulo II. A secuela, The Clowns of God, describe un papa que renuncia ó papado para vivir en illamento, 32 anos antes da abdicación de Bieito XVI en 2013.
Obra
[editar | editar a fonte]Ficción
[editar | editar a fonte]- Moon in My Pocket (1945, usando o alcume "Julian Morris")
- Gallows on the Sand (1956)
- Kundu (1956)
- The Big Story (1957; aka The Crooked Road)
- The Second Victory (1958; aka Backlash)
- McCreary Moves In (1958, usando o alcume "Michael East"; aka The Concubine)
- The Devil's Advocate (1959)
- The Naked Country (1960, usando o alcume "Michael East")
- Daughter of Silence (1961)
- The Shoes of the Fisherman (1963)
- The Ambassador (1965)
- The Tower of Babel (1968)
- Summer of the Red Wolf (1971)
- The Salamander (1973)
- Harlequin (1974; aka The Duel of Death)
- The Navigator (1976)
- Proteus (1979)
- The Clowns of God (1981)
- The World Is Made of Glass (1983)
- Cassidy (1986)
- Masterclass (1988)
- Lazarus (1990)
- The Ringmaster (1991)
- The Lovers (1993)
- Vanishing Point (1996)
- Eminence (1998), ISBN 0-7322-6704-8
- The Last Confession (2000, publicado postumamente), ISBN 0-7322-6595-9
Seriais de radio
[editar | editar a fonte]- The Mask of Marius Melville (1945)[2]
- The Prince of Peace (c1951)[3]
- Trumpets in the Dawn (c1953–54)[3]
- Genesis in Juddsville (c1955–56)[4]
Obras de teatro
[editar | editar a fonte]- The Illusionists (1955)
- The Devil's Advocate (1961)
- Daughter of Silence (1962)
- The Heretic (1969)
- The World is Made of Glass (1982)
Non ficción
[editar | editar a fonte]- Children of the Sun: The Slum Dwellers of Naples (1957) (título en USA: Children of the Shadows: The True Story of the Street Urchins of Naples)
- Scandal in the Assembly: A Bill of Complaints and a Proposal for Reform of the Matrimonial Laws and Tribunals of the Roman Catholic Church (1970, con Robert Francis)
- West, Morris (1996). A View from the Ridge: The Testimony of a Twentieth-century Pilgrim. Sydney: HarperCollins. ISBN 0-7322-5757-3.
- West, Morris (1997). Images & Inscriptions. Selected and arranged by Beryl Barraclough. Sydney: HarperCollins. ISBN 0-7322-5827-8.
Adaptacións no cinema
[editar | editar a fonte]- The Crooked Road (baseado en The Big Story) (1965) protagonizado por Robert Ryan
- The Shoes of the Fisherman (1968) protagonizado por Anthony Quinn
- The Devil's Advocate (1977) protagonizado por John Mills, Daniel Massey, Paola Pitagora e Stéphane Audran
- The Salamander (1981)
- The Naked Country (1984)
- The Second Victory (1986)
- Cassidy (1989)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sally Blakeney, "The outsider: How the literati shunned a luminary", Weekend Australian, 16–17 de outubro de 1999
- ↑ Rodney Wetherell, "Robert Peach, Broadcaster, 1923–2004", Sydney Morning Herald, 28 de xaneiro de 2004
- ↑ 3,0 3,1 Australian Radio Series 1930–1970 Arquivado 9 de xuño de 2009 en Wayback Machine.
- ↑ Albert Moran and Chris Keating, The A to Z of Australian Radio and Television. Plymouth, UK: Scarecrow Press, 2007, p. 383