Morónidos
Unha robaliza
Os Morónidos (Moronidae) ou robalizas son unha familia de peixes mariños incluída na orde dos Perciformes. Están distribuídos por augas costeiras mariñas de Norteamérica (Atlántico e Golfo de México), Europa (incluíndo o mar Mediterráneo) e norte de África.
Características[editar | editar a fonte]
De corpo medianamente alargado, algunhas especies poden superar amplamente a lonxitude dun metro. A liña lateral esténdese ó longo de todo o corpo, ata alcanzar a caudal. Opérculo con dúas espiñas.
Días aletas dorsais, a primeira con 8 a 10 espiñas e a segunda cunha espiña e 10-13 radios brandos; anal con tres espiñas e 9-12 radios brandos.
Son moi apreciados na pesca deportiva.
Clasificación[editar | editar a fonte]
Comprende dous xéneros e seis especies:
- Xénero Dicentrarchus
- Dicentrarchus labrax (Linnaeus, 1758) (robaliza)
- Dicentrarchus punctatus (Bloch, 1792)
- Xénero Morone
- Morone americana (Gmelin, 1789)
- Morone chrysops (Rafinesque, 1820)
- Morone mississippiensis
- Morone saxatilis (Walbaum, 1792)
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Morónidos |
![]() |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Morónidos |