Saltar ao contido

Montecubeiro, Castroverde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Montecubeiro»)
Montecubeiro
Praza parroquial.
ConcelloCastroverde[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°05′09″N 7°19′37″O / 43.08579287, -7.32695489
Poboación201 hab. (2019)
Entidades de poboación37[1]
editar datos en Wikidata ]

San Cibrao de Montecubeiro é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres), distribuídos en 37 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 294 habitantes.

Na parroquia consérvanse restos de tres poboados castrexos: o castro da Graña, o de Meixide e o de Sarceda.

Ao redor do ano 774 (probablemente entre 774 e 783) tivo lugar a batalla de Montecubeiro, na que as tropas do rei Silo derrotaron ós rebeldes galegos que se alzaran contra a dominación ástur.[Cómpre referencia]

Na idade media construíuse o mosteiro de San Cibrao de Montecubeiro. Segundo o catastro do ano 1752 a freguesía chamábase Couto de San Cibrao de Montecubeiro, e compoñíase de 150 casas habitábeis, unha delas servía de cárcere. Nesa época había unha taberna, dous tendeiros de panos, doce arrieiros, un carpinteiro, tres albaneis, dous ferreiros, vinte e oito tecedoras, cinco xastres e seis zapateiros. A parroquia tivo xurisdición propia, na que se incluía Mirandela.

En marzo do ano 1890 afectou á toda a parroquia [2] e ás da rodeada unha epidemia, posiblemente de gripe. No 1891 a composición "A véspera de San Xoán de Montecubeiro" foi rexistrada nun certame literario [3] na cidade de Lugo e laureada cun accésit de honor. O autor, Luís González López vivira en Montecubeiro.

No século XIX e XX Montecubeiro foi concello de seu, unido despois ao concello de Castroverde. No ano 1931 constituíuse a Unión de Labradores de Montecubeiro.

Entre o seu patrimonio, amais dos restos castrexos e a igrexa parroquial, destaca a capela de Santadrao.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias

[editar | editar a fonte]

Lugares de Montecubeiro

[editar | editar a fonte]
Lugares da parroquia de Montecubeiro no concello de Castroverde (Lugo)

O Albaredo | O Barreiro | Bascuas | Berlán | A Cabanela | As Cabozas | O Campo | Castelo | Cepomundín | A Cernada | Cubula | O Escouredo | O Fato | Foxos | A Graña | O Gruñedo | Insua | A Laxe | Maceda | Maxide | O Pereiro | O Podriqueiro | O Pombal | Pumarín | Sagaruxe | San Cibrao | Santadrao | Sarceda | Soutullo | Teixeda | A Valiña | A Veiga | Verducedo | Vilar | Os Vilares | Vilarín | O Vitureiro

Parroquias de Castroverde

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Castroverde

Agustín (Santa María) | Arcos (San Paio) | Barredo (San Xoán) | Barredo (Santo André) | Barreiros (San Cosme) | Bolaño (Santa Baia) | Cellán de Calvos (San Salvador) | Cellán de Mosteiro (San Pedro) | Covelas (San Miguel) | Espasande (Santiago) | A Frairía (Santa María) | Furís (Santo Estevo) | Goi (Santa María Madanela) | Masoucos (Santiago) | A Meda (Santiago) | Miranda (Santiago) | Mirandela (Santo André) | Monte (Santa María) | Montecubeiro (San Cibrao) | Moreira (Santa María) | Paderne (Santo Estevo) | Páramo (San Miguel) | Pena (Santa María Madanela) | Pereiramá (San Xulián) | A Pumarega (Santa Mariña) | Rebordaos (San Xurxo) | Recesende (San Cibrao) | Riomol (San Pedro) | San Miguel do Camiño (San Miguel) | Serés (San Pedro) | Souto de Torres (San Tomé) | Soutomerille (San Salvador) | Tórdea (San Tomé) | Uriz (Santa María) | Vilabade (Santa María) | Vilalle (San Pedro) | Vilariño (Santiago)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]