Unión de Labradores de Montecubeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Unión Labradores de Montecubeiro, Galiza.jpg

A Unión de Labradores de Montecubeiro foi unha sociedade de carácter republicano e anticaciquil, con fins recreativos, culturais e cívicos, fundada na Segunda República en Montecubeiro (Castroverde).

Pretendían mellorar a agricultura, o desenvolvemento social e representar os intereses dos labregos. En xuño do ano 1931 aprobouse o seu regulamento. Posteriormente no mes de xullo de 1931 constituíuse a sociedade e elixiuse a primeira directiva inscribíndose no acto trinta e cinco socios da parroquia de Montecubeiro e arredores. Colaboraban con outras asociacións republicanas da rodeada. O 20 de outubro de 1935 [1] asistiron á inauguración da biblioteca escolar na aldea de San Bernabel promovida por Argimiro Rico Trabada. Segundo unha acta de decembro do ano 1935 había 219 socios. No mes de febreiro de 1936 patrocinaron un mitin organizado pola Coalición Republicana no campo da feira de Castroverde facendo a presentación dos oradores o señor Sarille de Montecubeiro [2]. No ano 1936 e 1937 a Unión de Labradores sufriu a represión. Varios socios e familiares foron detidos, expedientados ou asasinados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Pueblo Gallego, sábado, 26 de outubro de 1935, px. 10.
  2. El Pueblo Gallego, mércores, 12 de febreiro de 1936, px. 10.