Saltar ao contido

Monte Ventoux

Monte Ventoux
Vista no inverno
Imaxe
 Composto por
Características
 Material / ingrediente
Localización
 Situado en
 Cordilleira
 Localizado na área protexida
 Mapas
Mapa de localización
 Coordenadas
Cifras e dimensións
 Anchura
   15 km Editar o valor en Wikidata
 Lonxitude
   25 km Editar o valor en Wikidata
 Altitude
   1.910 m Editar o valor en Wikidata
 Prominencia topográfica
   1.143 m Editar o valor en Wikidata
 Illamento topográfico
   61,04 km Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
VIAF240871494 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/015kww Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons

O Mont Ventoux (en francés) ou Ventor en (occitano), é unha montaña de 1,912 metros de altitude situada na Provenza. Como indica o seu nome, o vento pode soprar moi forte no cumio, especialmente o coñecido vento Mistral: as correntes producidas poden superar os 160 km/h. Porén o seu nome orixinario non ten que ver cos ventos. Esta montaña non forma parte nin dos Alpes nin dos Pireneos, senón que está soa, entre os dous sistemas montañosos.

Cima do Mont Ventoux.

O monte é moi coñecido porque o 26 de abril de 1336 ascendeu até a súa cima o grande poeta italiano Francesco Petrarca, quen realizou a subida polo puro pracer de experimentar as sensacións que lle poderían deparar a contemplación da paisaxe desde o cume do monte. Foi sen dúbida a primeira vez, polo menos con conciencia, na que un occidental probaba a escalar unha montaña por gozo e non con fins utilitarios.

É tamén coñecido porque o Tour de Francia pasou pola súa cima doce veces dende 1951.

Protección ambiental

[editar | editar a fonte]

Desde 1990, o territorio do Mont Ventoux está clasificado pola UNESCO como unha reserva da biosfera. Delimitáronse seis zonas centrais a fin de protexer as paisaxes, os ecosistemas e as especies que conviven na zona, cunha superficie total de 2.126 hectáreas. A cima do Ventoux (963 hectáreas, por enriba dos 1.000 metros), é unha paraxe calcaria que posúe unha rara flora.