Moira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
  • Este artigo trata sobre a auga saturada de sal, para as personaxes mitolóxicas, véxase o artigo Moiras.
Engadir sal á auga produce unha moira.

A moira[1] ou salmoira é a auga saturada de sal, particularmente aquela na que se conservan carnes, peixes e outros alimentos. É unha auga cunha alta concentración de sal (NaCl) disolta. Existen ríos e lagos salgados onde non hai vida polo exceso de sal e de onde se extrae a moira, principalmente para obter o seu sal evaporando a auga en salinas. A moira pode ser velenosa para algúns animais que beben desta.

Por extensión, tamén se lle chama moira a disolucións altamente concentradas doutros sales. Son exemplos disto a moira de cloruro de calcio e a de dicromato sódico.

A salmoira distínguese da auga salobre en que esta última ten unha menor concentración de sal.

Usos[editar | editar a fonte]

En 1800, Alessandro Volta usou a moira xunto co cobre e o cinc para crear a pila voltaica.

Outros usos máis comúns son:

  • Para a conservación e curado de certos alimentos, ademais de funcionar como un elemento culinario. Almacenado en frascos de moira fanse os cogombros ou encurtidos.
  • En sistemas de refrixeración, como medio de transmisión de calor, xa que debido ao seu baixo punto de conxelación (solidificación), utilízase coma refrixerante secundario.
  • Para desfacer a neve en estradas.
  • Para a purificación e limpeza do mesmo sal, para o uso deste en aplicacións de consumo humano e noutras actividades que requiren sal de alta pureza.
  • Antigamente, os mariñeiros utilizábana para endurecer ou curtir a pel das mans.
  • Xunto co vapor pode xerar un fluído motor para mover turbinas e xerar electricidade.
  • En procesos de estimulación de pozos de petróleo.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]