Pobo mohicano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Mohicanos")
Pobo mohicano
Hudsonmap.png
Territorio histórico dos mohicanos
Poboación
Poboación total:
3000 aprox
Rexións principais:
Aspectos culturais
Lingua inglés, mohicano (extinta)
Relixión Irmandade de Moravia
Grupos
relacionados
Lenape, Mohegan, Pequot

Os mohicanos[1] foron unha tribo algonquina nativa da costa leste dos Estados Unidos. Orixinalmente localizados na conca do río Hudson no estado de Nova York, foron desprazados arredor de 1780 cara Massachusetts; posteriormente os seus descendentes emigrarían a Wisconsin entre os anos 1820 e 1830, onde se asentarían nas reservas dos lenape.[2][3] Os mohicanos adoitaban referirse a si mesmos como Muhhekunneuw ou xente do río. O termo mohicano provén do nome aplicado ó clan mohicano Lobo, que en mohicano se denominaban manhigan, orixe do termo inglés mahican, do cal derivou a denominación mohicano.

Na actualidade, os seus descendentes mesturáronse cos lenape e residen como unha soa tribo na Comunidade Stockbridge-Munsee

Foron inmortalizados polo escritor estadounidense James Fenimore Cooper no seu libro O derradeiro dos mohicanos publicado en 1826. Nel combina elementos culturais mohicanos e mohegan nas súas personaxes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para mohicano.
  2. "Mohican" (history), Encyclopædia Britannica, 2007, webpage:EB-Mohicans.
  3. "Mahican" (history), Encyclopædia Britannica, 2007, webpage: EB-Mahican.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]