Mohamed Bassir

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaMohamed Bassir
Nome orixinal(ar) سيدي سيدي إبراهيم مبارك محمد بصير Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Mohamed Sidi Brahim Basir Editar o valor em Wikidata
1944 Editar o valor em Wikidata
Tan-Tan (España) Editar o valor em Wikidata
Desapariciónc. P746
Mortep. xuño de 1970 Editar o valor em Wikidata (25/26 anos)
O Aaiún (España) Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
RelixiónIslam Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Damasco - xornalismo
Universidade de al-Azhar (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , político Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioBasiri Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Mohamed Sidi Brahim Bassir (nome completo:Bassir Mohamed uld Hach Brahim uld Lebser), nado en Tan-Tan (daquela no Sáhara español) en 1942 e desaparecido en 1970, foi un líder nacionalista saharauí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En 1958 pasou a Marrocos no seo da fracción Lemuadenim da tribo dos erguibat, pero medrou en Lemseid, preto do Aaiún. En 1957 marchou a estudar árabe a Marrocos, alí residiu en Marraquex, Rabat e Casablanca. Máis tarde perfecciona os estudos en Damasco e estudou xornalismo no Cairo.

En 1966 volveu a Marrocos e fundou Al-Shihab, publicación pro-saharauí. En 1967, por problemas coas autoridades marroquinas, instalouse en Smara, no Sáhara Occidental, traballou como profesor do Corán na mesquita local e comezou a organizar de xeito clandestino un movemento de carácter nacionalista denominado Organización Avanzada para a Liberación de Saguia el Hamra e Río de Oro, que pretendía a consecución dunha autonomía para o Sáhara Occidental que preparase o camiño cara a independencia do territorio.

O 17 de xuño de 1970 as autoridades do Sáhara Occidental convocaron unha manifestación no Aaiún contra os comunicados de Tlemcén e Casabranca logo das xuntanza de Hassan II con Hari Boumédienne e Moktar Uld Dadah sobre o Sáhara. A organización de Bassir decide convocar unha manifestación paralela na barriada de Zemla que lles permitira entrevistarse co gobernador, quen acabou enviando á lexión para disolvela. Aínda que Bassir non foi na manifestación, a policía considerouno o principal convocante dela e detívoo, non se volveu saber máis del.