Saltar ao contido

Modesto López Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaModesto López Rodríguez
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1894 Editar o valor em Wikidata (129 anos)
Álvare, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Modesto López Rodríguez, coñecido como Zoqueiro, nado en Álvare (A Pastoriza) o 3 de novembro de 1894, foi un zoqueiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Zoqueiro veciño da Pena (Meira). Enlace do guerrilleiro Manuel Castro Tellado dende outubro de 1945, logo da súa morte o 13 de xaneiro de 1947 rexistraron a súa casa o 27 de febreiro e foi detido xunto coa súa parella Anunciación Grandela Novo. Procesados na causa 99/47 por "encubridores de bandoleros", foron xulgados en Lugo o 30 de xaneiro de 1948 xunto con Primitivo Rodríguez Otero, Manuel Cobas Rodríguez, José Coronas Rodríguez, Aniceto Díaz Pereira, América Díaz Pereira, Fidel Díaz Pérez, José María Díaz Cortón, Faílde Fernández Teijeiro, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Donato Freire Barja, Lino Carrera Falcón, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Páxaro Seijas, Darío Peinó Jardín, Manuel Pérez Penelas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Río, José Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares. Foi condenado a seis anos de prisión menor. Foi trasladado á Prisión Central de Xixón. Saíu en liberdade condicional o 26 de agosto de 1951.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Era parella de Anunciación Grandela Novo, tamén procesada na mesma causa.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]