Saltar ao contido

Fidel Díaz Pérez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaFidel Díaz Pérez
Biografía
Nacemento1914 Editar o valor em Wikidata (109/110 anos)
Covelas, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Fidel Díaz Pérez, nado en Covelas (Ribadeo) cara a 1914, foi un político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Veciño de Piñeira (Ribadeo). Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi mobilizado. Desertou do exército rebelde.[1][2][3] Incorporouse ao exército leal nas Brigadas Mixtas de Carabineros.[4] Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en outubro de 1937,[5] e como resultado foi sancionado con 2 500 pesetas en marzo de 1940.[6] Ao rematar a guerra foi enlace do guerrilleiro Luís Trigo Chao.

Logo da morte do guerrilleiro Manuel Castro Tellado, o 13 de xaneiro de 1947, foi detido ese mesmo día. No resistro da súa casa atoparon unha copia manustrita das condicións presentadas á Cámara dos Comúns polo Comité de Liberación Española. Procesado na causa 99/47 por "encubridores de bandoleros", foi xulgado en Lugo o 30 de xaneiro de 1948 xunto con Primitivo Rodríguez Otero, Manuel Cobas Rodríguez, José Coronas Rodríguez, Aniceto Díaz Pereira, América Díaz Pereira, Modesto López Rodríguez, José María Díaz Cortón, Faílde Fernández Teijeiro, Antonio Freire Sanjurjo, Carmen Freire Sanjurjo, Donato Freire Barja, Lino Carrera Falcón, Francisco Pacio Rodríguez, Manuel Páxaro Seijas, Darío Peinó Jardín, Manuel Pérez Penelas, David Rico Seivane, Serafín Rico Seivane, Salvador Riopedre Río, José Benito Sanjurjo Onega e Josefa Teijeiro Linares. Foi condenado a cinco anos de prisión menor. Foi trasladado á Prisión Provincial de Huelva o 21 de abril de 1948. Pasou ao Destacamento Penal de Celis (Rionansa, Cantabria), de onde saíu en liberdade condicional en 1950.[7]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]