Primitivo Rodríguez Otero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPrimitivo Rodríguez Otero
Biografía
Nacemento31 de marzo de 1891 Editar o valor em Wikidata (133 anos)
Pol, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Jesús Primitivo Benedicto Rodríguez Otero, nado en Mosteiro (Pol) o 31 de marzo de 1891, foi un sindicalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi fundador da Sociedade Agraria Trabajadores de la Tierra, vinculada á UGT e integrante do Comité Socialista de Mosteiro. Foi nomeado concelleiro de Pol o 12 de marzo de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido pero logrou escapar. Estivo fuxido polos montes da parroquia de Luaces con Manuel Castro Tellado e Manuel Rivas, pero foi detido o 25 de maio de 1937 e xulgado en Lugo por adhesión á rebelión co resultado de sentenza a cadea perpetua. Concedéronlle a prisión atenuada o 23 de agosto de 1940.

Estaba casado con Silvina Castro Tellado, irmá do guerrilleiro Manuel Castro Tellado.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Botana Iglesias, Rocío (2012). Fundación Luís Tilve, ed. O movemento obreiro socialista na provincia de Lugo (1902-11936). Santiago de Compostela. pp. 368–369. ISBN 978-84-95773-26-5. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]