Saltar ao contido

Moby Dick

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Moby Dick
 Título
Moby-Dick (en)
Moby Dick (en) Editar o valor en Wikidata
 Subtítulo
   or, The Whale (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Epónimo
Características
 Xénero artístico
 Forma artística
 Inspirado en
 Narrador/a
Ishmael (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Lingua
Implicados
 Autor/a
Datas
 Fundación / creación
1850 Editar o valor en Wikidata
 Data de publicación
14 de novembro de 1851 (Nova York)
18 de outubro de 1851 (Londres) Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Número de partes
135
1 epílogo Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
VIAF92145857808123020242 Editar o valor en Wikidata
Goodreads2409320 Editar o valor en Wikidata
Open LibraryOL21501229W Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/04_m6 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Descrito pola fonte
Wikidata G:Commons C:Commons

Moby Dick é unha novela de Herman Melville publicada en 1851. O seu título orixinal é Moby-Dick; or, The Whale (literalmente, Moby Dick; ou, a Balea).

Argumento e características

[editar | editar a fonte]

A novela é unha historia épica que narra a loita entre o capitán Achab, do baleeiro Pequod, e a gran balea branca Moby Dick (en realidade, un cachalote [1]), á que aquel persegue a través dos mares.

É unha narración poética e mística, que simboliza a loita do home contra as potencias do mal, encarnadas na balea (quizais unha lembranza do Leviatán bíblico). Achab, ao contrario, é o home que pretende dominar a desorde do mundo, dar un sentido á súa vida, vencer ao mal. Pero non triunfa e morre vítima da balea —ou da súa loucura—. Con gran pesimismo, o autor expresa a súa visión desilusionada do universo, cunha forma influída pola Biblia, Shakespeare e os escritores ingleses do século XVII (sobre todo Thomas Brown). Esta novela, que non tivo éxito en vida do autor, foi, despois da segunda guerra mundial, unha das obras máis lidas da literatura norteamericana e hoxe podería considerarse o máis parecido á grande novela americana.

Adaptacións cinematográficas

[editar | editar a fonte]

En 1956 John Houston realizou unha película baseado nesta novela. No 2010, o director Trey Stokes fixo unha adaptación moderna da novela: 2010: Moby Dick.

  1. O cachalote é un cetáceo de cor negra ou moi escura, pero excepcionalmente atópanse individuos total ou parcialmente brancos. Parece ser que Moby Dick existiu realmente. As crónicas mariñeiras descríbeno como un cachalote macho de 22 metros de longo a quen os baleeiros chamaban Mocha Dick. Adoitaba atacar os barcos golpeando no casco coa súa cabeza e tiña no seu haber varios barcos afundidos e decenas de vidas humanas. Ao final matárono e atopáronlle os ferros de 19 arpóns cravados no corpo.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

La blancura de la ballena. Artigo de Miguel-Anxo Murado.(en castelán)


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre literatura é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.