Saltar ao contido

Mobella pequena

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mobella pequena
 Nome taxon
    Gavia stellata
 Nome curto
    G. stellata (mul) Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
 Categoría taxonómica
 Conservación
Especie pouco preocupante
Clasificación taxonómica
SuperreinoHolozoa
ReinoAnimalia
FiloChordata
ClaseAves
OrdeGaviiformes
FamiliaGaviidae
XéneroGavia
EspecieGavia stellata Editar o valor en Wikidata
Pontoppidan, 1763 Gavia stellata Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
 Masa
1,729 kg peso adulto macho
1,477 kg peso adulto femia Editar o valor en Wikidata
 Envergadura
   1,04 m Editar o valor en Wikidata
Historia
 Premios e distincións
Localización
 Mapas
Distribución
Fontes e ligazóns
Freebase/m/019299 Editar o valor en Wikidata
ITIS174474 Editar o valor en Wikidata
OTT1057044 Editar o valor en Wikidata
UICN22697829 Editar o valor en Wikidata
CoL3FFP8 Editar o valor en Wikidata
EOL45508995 Editar o valor en Wikidata
Wikidata G:Commons C:Commons
Gavia stellata

A mobella pequena[1][2][3][4][5] ou movella pequena[6] é unha ave da familia das Gaviidae.

Morfoloxía e hábitos

[editar | editar a fonte]

Trátase dun ave de 53–58 cm de lonxitude e un peso entre os 1000 e 2000 gramos. Trátase das máis pequenas das movellas, cunha envergadura de 91–110 cm. O peteiro é recurvado, coas costas escuras sen debuxo. A cabeza e os laterais da cabeza son de cor gris cinza. Na época de cría mostra unha mancha vermella na parte frontal do pescozo. Os ollos son vermellos. Durante o inverno a plumaxe é semellante á da movella ártica. femia e macho son morfoloxicamente iguais. Nada coa cabeza ergueita algo escorada lateralmente. Atópase en lagos e lagoas, incluídos aqueles existentes na tundra. Aliméntase de peixes, crustáceos e batracios.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

O período de cría vai de maio a xullo. O tempo de incubación é de 24-29 días. Os polos voan ás seis semanas.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Na época de cría está presente en Escandinavia, extremo norte das Illas Británicas, Islandia e noroeste de Rusia. Fóra da época de cría atópase ó longo da costa europea exceptuando a costa sur da Península Ibérica.

  1. ↑ "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06.
  2. ↑ Conde Teira, Miguel Ángel (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chioglossa.
  3. ↑ "Mobella pequena". TERGAL. Consultado o 20 de abril de 2023.
  4. ↑ Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  5. ↑ De la Cigoña, Estanislao F. (2005). Lista de referencia das aves galegas. Asociación Galega para a Cultura e a Ecoloxía. ISBN 84-87904-28-9.
  6. ↑ VV. AA. (2000). Vocabulario multilingüe de organismos acuáticos. Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. ISBN 84-453-2913-8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Guía de Aves: España, Europa y Región Mediterránea. Lars Svensson, Killian Mullarney, Dan Zetterstïons. Ediciones Omega. (en castelán)
  • Gran Guía de la Naturaleza AVES. Nicolai, Singer, Wothe. Editorial Everest, s.a. (en castelán)