Moa (ave)
Moa Rango fósil: Mioceno - Holoceno | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Moas atacadas por unha aguia de Haast. | |||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||
Extinto | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
| |||||||||||
Especie tipo | |||||||||||
†Dinornis novaezealandiae' Owen, 1843 | |||||||||||
Subgrupos | |||||||||||
Sinonimia | |||||||||||
|
As moas (Dinornithiformes) eran aves non voadoras xigantes de Nova Zelandia. Coñécense seis xéneros e nove especies de diferentes tamaños, sendo a máis grande a moa xigante (Dinornis robustus e Dinornis novaezelandiae), que medían preto de 3 metros de alto e tiñan un peso de 250 kg.
As moas extinguíronse ao redor do ano 1500, pouco despois de que os primeiros cazadores maorís chegasen ás illas. Previamente, o número de moas descendera no último millón de anos debido tanto aos períodos glaciais (case toda a Illa Sur foi ocupada polo xeo) como á ameaza das aguias de Haast (Harpagornis moorei), as maiores aves de presa coñecidas e hoxe tamén extinguidas. Os kiwis considéranse emparentados coas moas.
Unha moa xigante (Dinornis robustus) alcanzaba moi serodiamente a súa madurez reprodutiva: aos dez anos de nada. Esta demora facilitou a súa extinción xa que non se deu unha suficiente taxa de reposición ante o ritmo co que eran cazadas polos maorís.