Saltar ao contido

Mitos platónicos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Os mitos platónicos, son unha serie de textos de Platón, filósofo grego, publicada en 1998.

Características

[editar | editar a fonte]

Prometeo e Epimeteo

[editar | editar a fonte]

Contan a repartición que fai Prometeo do mundo. Prometeo repartiu os dons equitativamente entre todos os animais para que ningún quedase apartado, pero cando tiña repartidas todas as cualidades chegou Epimeteo a inspeccionar a repartición e decatouse de que se esquecera do home. Ao ver o seu erro e para non deixar ao home fóra da súa repartición foi xunto Atenea e Hefesto e rouboulles o lume e a sabedoría.

Eran fillos de Zeus, íanse encargar a partir de agora de decidir onde enviar aos homes despois de mortos: á Illa dos Benaventurados (os bos, os que tiñan a alma limpa, aínda que fosen pobres) ou ao Tártaro (os pecadores, onde non importaban se tiñan bos vestidos e cargos importantes). Antes deste xuízo dos fillos de Zeus xulgábase polas aparencias, ao xulgalos vivos podían levar testemuñas que dixesen que foron boas persoas, vestíanse coas súas mellores galas e deste xeito salvábanse.

O andróxino

[editar | editar a fonte]

Di a historia que ao principio dos tempos eramos tres sexos, non só o masculino e o feminino, senón outro que era o andróxino. Tamén nos conta como era antes o home (circular) e como Zeus vendo que se querían vingar deles dividiunos en dúas partes, cada parte tiña que buscar a súa alma xemelga (varón-femia), se algunha vez se encontraba un varón con outro igual, que non se sentisen avergoñados xa que deste xeito habería máis masculinidade no mundo, aceptándose a homosexualidade con toda naturalidade.

O nacemento de Eros

[editar | editar a fonte]

Fala de como naceu Eros, nun xardín foi xerado por Poros e Penía. Ao contrario que seus pais vagabundeaba polas rúas e estaba sempre tirado, pero sacou algo bo por parte de seu pai: sabía cazar, era forte, activo e valente.

Diálogo de dúas persoas que falan sobre que pasaría se liberasen aos humanos que están encadeados na cova mirando cara a unha parede dende os seus inicios, pasando da ignorancia o coñecemento.

Er o armenio

[editar | editar a fonte]

Er, morto na guerra, é nomeado mensaxeiro polos xuíces, que castigan ou indultan os humanos despois da súa morte, cada inxustiza ou crime perpetuado expíase dez veces por cada falta, os xustos son recompensados na mesma medida.

Ao ter expiado todas as súas faltas as almas volverán renacer despois de elixir unha nova vida sexa humana ou animal. O labor de Er é facer ver os humanos a importancia desa nova elección.

O madeiro alado

[editar | editar a fonte]

Móstranos o que para Platón é realmente importante en ser humano: a razón, que o distingue dos animais. A razón debe mandar sobre os nosos actos e non debemos deixarnos guiar polo desexo ou o amor que nos fai perder o sentido.

As cigarras cantan ata que morren xa que nin comen nin beben: deberiamos aproveitar máis o tempo en cultivarnos ou en dialogar cos demais en lugar de depender tanto das necesidades do noso corpo.

O mito de Theuth

[editar | editar a fonte]

O deus exipcio Theuth descubriu o cálculo, a xeometría, a astronomía e as letras e decide compartir os seus descubrimentos con todos os exipcios pero o faraón Ammón non lle dá a mesma importancia que Theuth á palabra escrita considerando que non é fonte de sabedoría, Ammón valora máis a memoria e a oratoria que demostran realmente a intelixencia e a sabedoría do individuo.

A Atlántida e a cidade ideal

[editar | editar a fonte]

A Atlántida, cidade utópica e ideal para todos os gobernantes, con todos os estamentos da sociedade perfectamente delimitados, leis cumpridas por todos, habitantes que nacen e non saben nada do pasado da cidade, o que permite marabillarse cada vez.

O pai do universo non o creou do nada como pensan algúns filósofos da época senón que o ordenou, xerou o universo co razoamento e a intelixencia, e deulle ao home a alma intelixente.

A creación dos seres humanos

[editar | editar a fonte]

Os humanos foron creados polos deuses, para que o universo sexa perfecto deben ser mortais. O ser humano é unha mestura de pracer e dor, temor e ira e todo o relacionado con eles e canto por natureza se lle opón, á súa morte xúlgano a ver se fallou, podendo pasar de home a muller (chanzo máis baixo) ou, no peor dos casos, a animal. O máis importante é recibir unha boa formación educativa.

Os ciclos da humanidade

[editar | editar a fonte]

Despois de grandes catástrofes que destrúen miles de vidas os superviventes apóianse uns a outros, non hai nin ricos nin pobres, nin violencia nin inxustizas, ao pasar varias xeracións os humanos cambian: necesitan de novo guerras, moita máis poboación e novos réximes políticos con cada vez máis membros para gobernar as novas xeracións.

Houbo un principado en tempo de Cronos no cal gobernaban non homes senón a xenios, porque os home ao chegar ao poder deixan de ser xustos.