Conversa:Mitos platónicos

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Supoño que o título en castelán deste artigo é un erro. Na miña opinión o artigo debería chamarse Mitos platónicos ou Mitos de Platón, e a introducción debería ser mais ou menos así: "Os mitos platónicos son unha serie de narracións metafóricas escritas polo filósofo grego Platón, incluidas dentro de varias das súas obras, como A República, Fedro ou O banquete." -- JonnyJonny (conversa) 16:39, 28 de marzo de 2012 (UTC)

Mellor que nolo aclare Xas, que mudou "...publicada en 1509." por "...publicada en 1998."
De que trata o artigo exactamente? Asemella que realmente o artigo é o comentario de texto dun libro publicado en 1998, que, a súa vez, fala dos "mitos".
Habería que concretar iso antes de orientar o artigo nunha ou noutra dirección.
Como anécdota, curiosamente noutras wikis (it, pt) hai categoría dos mitos platónicos mais non artigo, é dicir, cada mito ten o seu propio artigo, non os xuntan nun so texto. --. HombreDHojalata.conversa 21:18, 28 de marzo de 2012 (UTC)

O artigo trata desta edición de Siruela dos textos de Platón: Mitos de 1998. Quizais haxa que modificar o primeiro parágrafo para que non leve a confusión pero o título ten que ser o do libro. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:22, 28 de marzo de 2012 (UTC) (Estaba escribindo isto cando houbo un conflito de edición) --Prevertgl 21:22, 28 de marzo de 2012 (UTC)

concordo con JonnyJonny, e digo ainda maís. Varias posibilidades do titulo e do contido do artigo :
  • A -é un artigo sobre una edición que recolle unha selección colección de textos de Platón : o contido do artigo ten que levar sobre o interese desa edición con fontes do(s) estudo(s) que houbo sobre esa edición : de non ser asi estamos a promover ese libro
  • B - é un artigo sobre os mitos de Platon é a cabeceira ten que ir como o di arriba JonnyJonny. Iste caso pide fontes de estudo(s) xeneral(is) sobre a xuntanza dises mitos. Persoalmente (e de repente) só lembro monografías sobre cada mito en particular (exemplo Mito da caverna), polo tanto cada mito merece un artigo. Quero decir co feito de xuntalos ten que xusticarse, ten que ter un interese. O artigo tal como se presenta corresponde ao contido que poderia atoparse no artigo sobre Platón, ou en cada un dos artigos sobre cada mito.
  • en conclusión para debate para gardar o artigo : 1) cal é a opción A ou B ? 2) cal que sexa a opción, as dúas necesitan unha xustificación do seu interese na Galipedia?
  • Pola miña banda, se non apareze algo que non sei, ou que non vexo agora, o artigo é para proposta de borrado. Que opinades ? --Elvira (Conversa comigo) 21:41, 28 de marzo de 2012 (UTC)

Eu editei pensando editar despois de JonnyJonny : vou ler o que si dixo entre--Elvira (Conversa comigo) 21:42, 28 de marzo de 2012 (UTC)

  • Aclaración: eu só comentei en relación ao título con ese contido, o que di Elvire paréceme ben argumentado e acertado. Un cordial saúdo. --Prevertgl 21:46, 28 de marzo de 2012 (UTC)
Lín os comentarios de HombreDHojalata e Prevert. Botei unha ollada a ligazon da edicion. Ise libro pode ser unha fonte para un artigo que corresponda ao que dixo arriba JonnyJonny. Haberia que cambiar a cabeceira e .... e cambiar a presentación do contido. O contido actual recolle asi como unha lista do sumario do libro, o que non ten interese, penso eu. --Elvira (Conversa comigo) 21:52, 28 de marzo de 2012 (UTC)

Durante unha boa parte desta tarde houbo unha treboada de novos artigos como éste, malísimos de formato, cos títulos en castelán, sen categorías nin interwikis, que semellan comentarios de libros feitos por uns alumnos dun mesmo instituto. O título orixinal deste artigo era "Los mitos", en castelán, o cal chamou a miña atención, e por iso fixen o primeiro comentario desta páxina de conversa. Descoñezo a existencia dun libro en castelán de recente edición chamado "Los mitos" que recolla varios dos mitos de Platón, pero se teño que valorar a relevancia dese posible libro e a relevancia de seu dos propios mitos, paréceme mais relevante adicarlle o artigo ós mitos de Platón en xeral, e non a un libro concreto que compila algúns deses mitos. -- JonnyJonny (conversa) 22:27, 28 de marzo de 2012 (UTC)