Mitch Easter

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mitch Easter
Mitch michael scott.jpg
Nacemento15 de novembro de 1954
 Winston-Salem
NacionalidadeEstados Unidos de América
Ocupaciónmúsico, compositor, Produción musical e autor-compositor
editar datos en Wikidata ]

Mitch Easter, nado o 15 de novembro de 1954 en Winston-Salem, Carolina do Norte, é un músico e produtor musical estadounidense.

Biografía[editar | editar a fonte]

Afeccionado á música desde neno, formou parte de diversas bandas na súa época escolar, algunha co seu amigo de infancia Chris Stamey con quen posteriormente formaría o grupo Sneakers, que editou algúns sinxelos e un álbum a finais da década de 1970. Logo da desaparición do grupo, Easter volveu á súa localidade natal e montou un estudo de gravación no garaxe dos seus pais que se acabou convertendo en parte integral dun local da escena indie-rock, gravando nela un bo número de grupos por poucos cartos. Nesa época Easter formou Let's Active coa súa moza Faye Hunter e a batería Sara Romweber ó tempo que traballaba con R.E.M. para gravar o seu primeiro sinxelo "Radio Free Europe" (1981), continuando esta colaboración ó producir o seu primeiro EP, Chronic Town (1982), e os seus dous primeiros álbums Murmur (en 1983 con Don Dixon) e Reckoning (1984). Let's Active realizou un tour con R.E.M., e asinou en 1981 un contrato con I.R.S. Records, editando un EP e tres álbums. Pero Easter dedicouse sobre todo ás súas tarefas como produtor, traballando con numerosos grupos e grupos, producindo traballos de Pavement, Suzanne Vega, Game Theory, Marshall Crenshaw, Velvet Crush, The Cosmopolitans, Richard Barone, Baskervilles, Ken Stringfellow (de The Posies), Insanity Wave, Helium e The Loud Family.

The Fidelitorium é o nome do actual estudo de Easter, preto de Winston-Salem e toca co grupo Shalini coa súa dona Shalini Chatterjee. En 2007 editou un álbum en solitario, Dynamico.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]