I.R.S. Records

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
I.R.S. Records
Compañía naiUniversal Music Group
Fundado en1979
FundadorMiles Copeland III, Jay Boberg e Carl Grasso
Desaparición1996
Estadodefunta
Xénero(s)new wave, rock
OrixeFlag of the United States.svg

I.R.S. Records foi un selo discográfico estadounidense fundado por Miles Copeland III, Jay Boberg e Carl Grasso en 1979.[1] I.R.S. publicou traballos dalgunhas das bandas máis populares dos anos 80, e foi particularmente coñecida por editar discos de artistas de college rock, new wave e rock alternativo, como R.E.M., The Go-Go's, Wall of Voodoo e Fine Young Cannibals.

Historia[editar | editar a fonte]

Miles Copeland III, fillo do axente da CIA Miles Copeland Jr., xogou moitos roles na industria británica do punk rock e o new wave de mediados a finais dos 70: axente, representante, produtor, editor de revista e dono de discográfica. O seu irmán Ian era o director dunha axencia de talentos, Frontier Booking International (F.B.I.), mentres que o seu outro irmán, Stewart, tocaba a batería en The Police, un grupo representado por Copeland. O primeiro álbum de The Police publicouse en 1978 a través de A&M Records cun exitoso sinxelo, "Roxanne", que Copeland describíu como un punto de inflexión na súa vida.[2]

Grazas ao seu éxito con The Police, Copeland convenceu a Jerry Moss, co-propietario de A&M, para crear a división I.R.S. en 1979. I.R.S. é o acrónimo de International Record Syndicate.[3]

De 1983 a 1987, I.R.S. Records promocionou un programa mensual da MTV chamado I.R.S. Records Presents The Cutting Edge, presentado por Peter Zaremba de The Fleshtones.[4] A serie centrábase nas bandas que gravaban coa discográfica. O seu concepto posteriormete evolucionou cara o programa de rock alternativo 120 Minutes, estreado en 1986 e que coexistíu con Cutting Edge durante un ano e medio.

Os lanzamentos de I.R.S. foron distribuídos por A&M ata 1985, despois por MCA Records ata 1990, e finalmente por EMI ata a desaparición do selo en 1996. En 1985 Copeland realizou un acordo para cambiar o distribuidor do selo a MCA Records. Segundo o acordo A&M continuou editando o catálogo anterior a 1985, gran parte do cal aínda se atopa baixo a etiqueta de A&M.

O selo desapareceu en maio de 1996, sendo o seu derradeiro lanzamento All Set dos Buzzcocks, publicado dúas semanas antes do peche da discográfica. Pouco despois Copeland creou Ark 21 Records.

En 2011 EMI resucitou o selo; no ano seguinte tiña fichados a Chiddy Bang e a Foxy Shazam. En outubro de 2013, pouco despois da integración de EMI no seu sucesor, Universal Music Group, o selo resucitou novamente como I.R.S. Nashville, con artistas como Striking Matches, Marc Scibilia e Cowboy Jack Clement, antes de ser pechado novamente en 2015.[5][6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IRS Records to be Relaunched by EMI, Crush Management | Hollywood Reporter". www.hollywoodreporter.com. Consultado o 2020-08-25. 
  2. Hunt, Dennis (1988-06-05). "Going a Round With Miles Copeland". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 2020-08-25. 
  3. "UM Entertainment Management". www.business.umt.edu (en inglés). Consultado o 2020-08-25. [Ligazón morta]
  4. TV.com. "The Cutting Edge". TV.com. Arquivado dende o orixinal o 09 de agosto de 2020. Consultado o 2020-08-25. 
  5. "I.R.S. Nashville Imprint Names John Grady President". Billboard. 2013-10-22. Arquivado dende o orixinal o 19 de xaneiro de 2021. Consultado o 2020-08-25. 
  6. "Nashville Notes: Capitol's I.R.S. Nashville Label Shuttered; Zac Brown Band on the Move". Billboard. 2015-12-16. Consultado o 2020-08-25.