Suzanne Vega
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Suzanne Nadine Vega 11 de xullo de 1959 Santa Monica |
| Educación | Barnard College Escola Secundaria Fiorello H. LaGuardia |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Composición musical, chant (en) |
| Ocupación | cantautora, escritora, artista discográfica, compositora, dramaturga, cantante, guitarrista, música |
| Período de actividade | 1982 |
| Xénero artístico | Rock alternativo |
| Instrumento | Guitarra e voz |
| Selo discográfico | Blue Note Fast Folk (en) A&M Records Cooking Vinyl |
| Familia | |
| Cónxuxe | Mitchell Froom (1995–1998) |
| Fillos | Ruby Froom |
| Sitio web | suzannevega.com |
Suzanne Nadine Vega, nada en Santa Monica (California) o 11 de xullo de 1959, é unha cantante e compositora estadounidense.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Aos dous anos de idade, trasladouse coa súa familia a Nova York. Criouse no barrio hispano de Harlem; aos nove anos escribiu o seu primeiro poema e con catorce empezou a compor cancións. Cursou estudos de danza contemporánea e frecuentou os clubs de Greenwich Village mentres asistía a clases de Literatura na escola de arte Barnard College. En 1984, por mor das súas actuacións, obtivo a posibilidade de gravar un álbum coa discográfica A&M.
Suzanne Vega estivo casada co seu produtor Mitchell Froom, que influíu na súa música ao longo dos anos 90 levándoa cara a un terreo máis experimental. O matrimonio tivo unha filla, Ruby, nacida en 1994 e separouse en 2000. A artista volveu casar en 2006 con Paul Mills, a quen coñece desde a súa mocidade.
Discografía
[editar | editar a fonte]- Suzanne Vega (1985) UK #11, US #91, AUS #23
- Solitude Standing (1987) UK #2, US #11, AUS #7
- Days of open Hand (1990) UK #7, US #50
- 99.9ºF (1992) UK #20, US #86
- Nine objects of desire (1996) UK #43, US #92
- Tried and true (1998) UK #46, AUS #96
- Songs in Red and Gray (2001) UK #32, US #178
- Retrospective (2003) UK #27
- Beauty and Crime (2007)
- Tales from the Realm of the Queen of Pentacles (2014)
- Lover, Beloved: Songs from an Evening with Carson McCullers (2016)
- Flying with Angels (2025)
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Suzanne Vega: Web Oficial
- Fan Clubarquivado dende o orixinalArquivado 07 de agosto de 2018 en Wayback Machine. o 8 de decembro de 2012