Mireia Belmonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mireia Belmonte
(Mireia Belmonte) XII Prix Diálogo (18675968451).jpg
Nacemento10 de novembro de 1990
 Badalona
NacionalidadeEspaña
Educada enUniversidade Católica San Antonio de Murcia
Ocupaciónnadador
PremiosMedalla de Oro de la Real Orden del Mérito Deportivo
editar datos en Wikidata ]

Mireia Belmonte García, nada en Badalona (provincia de Barcelona) o 10 de novembro de 1990, é unha nadadora catalá[1], campioa mundial, europea e dobre subcampioa olímpica.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a nadar aos 4 anos por recomendación médica para corrixir a súa escoliose. Posteriormente, recibiu unha bolsa para adestrar no Centro de Alto Rendemento de Sant Cugat del Vallès, pasou por diversos clubs e competiu en campionatos europeos e mundiais, conseguindo a vitoria en varios deles.

Participou en dous Xogos Olímpicos, nos Xogos Olímpicos de Pequín 2008, con tan só 17 anos, e nos Xogos Olímpicos de Londres 2012, onde conseguiu dúas medallas de prata, en 200 metros bolboreta[2] e 800 metros libre[3], rebaixando o récord de España desta última modalidade en catro décimas. Dende xaneiro de 2013 compite no Club Natación UCAM Fuensanta de Murcia.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ficha na páxina web do Comité Olímpico Español (en castelán).
  2. Resultados da final de 200 metros bolboreta femininos. Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).
  3. Resultados oficiais da final dos 800 metros libres femininos Páxina web oficial dos Xogos Olímpicos de 2012 (en inglés).