Voley Murcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O Centro de Promoción y Prácticas Deportivas Vóley Murcia é un equipo de voleibol da cidade de Murcia (España). O club naceu en setembro de 1978 por un grupo de rapaces entusiastas de idades entre os 16 e os 18 anos. O Vóley Murcia ascendeu ata tres veces á División de Honra, a primeira en 1990 tras proclamarse Campión da Liga de Primeira División, a segunda en 1996, e a terceira no 2011.

Na tempada 2006-07 perdeu a categoría, descendendo á recentemente creada Superliga 2 Feminina de voleibol. Na tempada 2010-11 gañou a cuarta edición da Copa da Princesa e finalizou na terceira posición a Superliga Junior Feminina, así como na segunda posición da Superliga 2, o que supuxo o ascenso e o retorno á máxima categoría do voleibol español.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]