Conversa:Mireia Belmonte

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

Vexo que por varias veces este artigo sufriu modificacións para cambiar de "é unha nadadora catalá" a "é unha nadadora española", e viceversa, en repetidas ocasións. Cál sería o máis correcto? Sentimentos nacionalistas a parte, cál deberiamos pór? É unha nadadora catalá, e polo tanto española, entendo que ao ser isto a wikipedia en galego, ante persoas (ou lugares, ou o que sexa) galegos se priorice á nosa terra e se diga que é galega no canto de española, pero no resto... A alguén de Cantabria deberíamos referirnos a el como cántabro ou como español? No caso de aplicar o termo máis local, habería que ser coherente e facer o mesmo con personaxes doutro país, e en lugar de dicir que é estadounidense, dicir que é de Ohio, etc. Aínda que ao estar a Wiki castelá, sempre se podería usar esa para dicir que é español, mentres que na catalá, vasca, galega, asturiana, etc, referirnos á autonomía... Non sei, vos que pensades? —o anterior comentario sen asinar foi feito por 91.116.136.19 (conversacontribucións)

  • Na wikipedia en galego óptase por respectar as entidades nacionais dentro do Estado. --Atobar (conversa comigo) 08:20, 21 de agosto de 2012 (UTC)