Saltar ao contido

Milk (filme)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Milk
 Título
Milk Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Epónimo
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Creador/a
 Director/a
 Compositor/a
 Guionista
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
 Deseñador/a produción
 Deseñador/a vestiario
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
Publicación
 Produtor/a
 Compañía produtora
 Formato de distribución
 Puntuación da crítica
83/100 Metacritic (16 de xuño de 2025)
93% Rotten Tomatoes (29 de novembro de 2022)
8/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
 Nomeamentos
Óscar ó mellor filme (22 de xaneiro de 2009)
Óscar á mellor montaxe (22 de xaneiro de 2009)
Óscar ó mellor guión orixinal (22 de xaneiro de 2009)
Óscar ó mellor deseño de vestiario (22 de xaneiro de 2009)
Óscar ó mellor director (22 de xaneiro de 2009)
Óscar ó mellor actor secundario (22 de xaneiro de 2009)
Óscar ó mellor actor (22 de xaneiro de 2009)
Óscar á mellor banda sonora (22 de xaneiro de 2009) Editar o valor en Wikidata
Datas
 Data de publicación
26 de febreiro de 2009 (Hungría)
19 de febreiro de 2009 (Alemaña)
2008 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración128 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de rodaxe
 Colección
 País de orixe
Identificadores
VIAF184419032 Editar o valor en Wikidata
ISAN0000-0001-FB10-0000-V-0000-0000-I Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/03hkch7 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt1013753 Filmaffinity: 772213 Allocine: 130781 Rottentomatoes: m/milk Mojo: milk Allmovie: vm2397060 TCM: 684424 Metacritic: movie/milk TV.com: movies/milk Netlix: 70100084 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

Milk é un filme estadounidense do 2008, dirixido por Gus Van Sant e baseado na vida do político e activista gai Harvey Milk, que foi o primeiro homosexual declarado en ser escolleito para un cargo público en California, como membro da Cámara de Supervisores de San Francisco.

Milk, un gai carismático e alegre, múdase de Nova York a San Francisco en 1972, onde pensara abrir unha tenda de fotografía no Castro, onde os gais non eran de todo ben recibidos. Mais Milk resiste, e en pouco tempo o barrio do Castro tórnase referencia na loita polos dereitos dos homosexuais.

A loita de Milk transformouno en líder político, comandando campañas federais, recibindo incluso apoios conservadores, como o do entón aspirante a presidencia Ronald Reagan.[1]

Produción

[editar | editar a fonte]
Castro Street, retratada no filme.

En 1991, Oliver Stone cavilou producir, mais non dirixir, un filme sobre a vida de Milk; chegou a escribir un guión para a película, que se chamaría The Mayor of Castro Street ("O alcalde da Rúa Castro"), baseado no libro homónimo de Randy Shilts. Porén, en xullo de 1992, o director Gus Van Sant foi quen acabou acertando coa Warner Bros. para dirixir a biografía de Harvey Milk co actor Robin Williams no papel principal. En abril de 1993, Van Sant desfixo o acordo co estudio, alegando diferenzas de creatividade.[2] Outros actores pensados para o papel de Milk na época foron Richard Gere, Daniel Day-Lewis e James Woods. En abril de 2007, Gus foi solicitado para dirixir o filme baseado no guión de Dustin Lance Black, sendo que, ao mesmo tempo, o director Bryan Singer estaba finalmente desenvolvendo The Mayor of Castro Street.[3] En setembro do mesmo ano, Sean Penn foi convocado para o papel de Harvey Milk e Matt Damon para o papel de Dan White.[4] Damon retirouse cedo do proxecto debido a incompatibilidade de axenda. En novembro, a Focus Features deu continuidade coa produción de Van Sant, mentres que o proxecto de Singer enfrontaba conflitos cos guionistas.[5] En decembro, os actores Josh Brolin, Emile Hirsch, Alison Pill e James Franco entraron oficialmente no elenco de Gus e Milk comezou a ser filmado en San Francisco en xaneiro de 2008.

Galardóns

[editar | editar a fonte]

O filme foi nomeado ao Óscar de 2009 en 8 categorías: Mellor filme, mellor director, mellor actor (Sean Penn), mellor actor secundario (Josh Brolin), mellor guión orixinal, cinta sonora orixinal, figuración e edicíon de imaxe. Conseguiu a estatuíña de mellor actor e de mellor guión orixinal.

Ano Categoría Persoa Resultado
2008 Mellor película Candidata
2008 Mellor dirección Gus Van Sant Candidato
2008 Mellor actor Sean Penn Gañador
2008 Mellor actor secundario Josh Brolin Candidato
2008 Mellor guión orixinal Dustin Lance Black Ganador
2008 Mellor banda sonora Danny Elfman Candidato
2008 Mellor deseño de vestiario Danny Glicker Candidato
2008 Mellor montaxe Elliot Graham Candidato
Ano Categoría Persoa Resultado
2009 Mellor película Candidata
2009 Mellor actor Sean Penn Candidato
2009 Mellor guión orixinal Dustin Lance Black Gañador
Ano Categoría Persoa Resultado
2009 Mellor actor - Drama Sean Penn Candidato
Ano Categoría Persoa Resultado
2009 Mellor elenco Candidato
2009 Mellor actor protagonista Sean Penn Gañador
2009 Mellor actor secundario Josh Brolin Candidato
  1. BARBOSA, Neusa (19 de febreiro de 2009). "Milk - A Voz da Igualdade". Cineweb (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  2. ELLER, Claudia (19 de abril de 1993). "Van Sant off of 'Castro St.'". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  3. HESSEL, Marcelo (1 de xullo de 2007). "Bryan Singer pode assumir outro filme antes de volver a Superman". Omelete (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 21 de agosto de 2013. Consultado o 26 de febreiro de 2011. 
  4. HESSEL, Marcelo (11 de novembro de 2007). "Sean Penn gay e Matt Damon homofóbico em filme de Gus van Sant". Omelete (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2008. Consultado o 5 de febreiro de 2011. 
  5. GARRET, Diane (18 de novembro de 2007). "Van Sant's 'Milk' pours first". Variety (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 03 de marzo de 2009. Consultado o 6 de marzo de 2011. 
  6. "Oscar 2009". UOL Cinema (en portugués). 22 de febreiro de 2009. Consultado o 5 de febreiro de 2011.