Milicias Populares Galegas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Milicias Populares Galegas foron un batallón republicano formado por voluntarios de Galicia, creadas en 1936 por Santiago Álvarez e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Tiveron certa relevancia na defensa de Madrid[Cómpre referencia], debido á falta de material rematarían fusionándose co V rexemento. A súa orixe atópase no 18 de xullo de 1936. Estando Castelao en Madrid negociando a aprobación do Estatuto de Galicia nas Cortes Republicanas foi sorprendido pola rebelión de Franco e os seus, algúns membros da comisión galeguista regresaron á casa (sendo capturados e fusilados) excepto Ramón Suárez Picallo, Castelao e algúns outros que permaneceron na capital á espera de resultados. Co decorrer do tempo e vendo que Galicia caera nas mans fascistas e se formaban as Columnas galegas, estes políticos tiveron a idea de formar unhas milicias galegas para defender o bo nome dos galegos como demócratas[Cómpre referencia]; para iso foron aos arredores de Madrid, onde conseguiron que varios labregos da sega se uniran a eles[Cómpre referencia]. Editaron o periódico El Miliciano Gallego.

Organización[editar | editar a fonte]

O presidente das Milicias foi Ramón Suárez Picallo, con Juan José Pla de secretario xeral aínda que o secretario efectivo foi Agapito García Atadell. O xefe de milicias foi o capitán Manuel López Iglesias. O resto do comité directivo foron Castelao, o xeneral Cecilio Bedia e Pedro Penabad[Cómpre referencia]. Entre os seus dirixente figurou Enrique Peinador Porrúa.

As Milicias tiveron seu cuartel na rúa Juan Montalvo, 28. A oficina de recrutamento en Gran Vía, 12.

Efectivos[editar | editar a fonte]

As Milicias formáronse con 1000 voluntarios galegos e galegas[Cómpre referencia], como a enfermeira Marciana Pimentel, a oficial Esperanza Rodríguez ou Paulina Rodríguez[1]. Porén, só contaban con 500 fusís, polo que en agosto de 1936 as Milicias se integraron dentro do 4º Batallón da 1ª Brigada da XI División do V Rexemento do Exercito Popular da República[Cómpre referencia].

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]