Pedro Penabad Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Penabad Rodríguez
Pedro Penabad Rodríguez, jefe de las Milicias gallegas, Crónica, 13 de septiembre de 1936.jpg
Nacementoséculo XX
 Viveiro
Falecemento15 de xullo de 1937
 Sevilla
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónavogado, político e escritor
editar datos en Wikidata ]

Pedro Penabad Rodríguez, nado en Viveiro cara a 1907 e executado en Sevilla o 15 de xullo de 1937, foi un avogado galego, colaborador de Agapito García Atadell.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Os deputados socialistas Lamoneda, Anastasio de Gracia e Bugeda, co director das Milicias de Investigación, Agapito García Atadell, e un grupo de milicianos dos que traballaban ás súas ordes, entre eles Pedro Penabad.

Foi fillo de Eugenio Penabad e Filomena Rodríguez. Emigrado en Cuba, retornou a España en 1934 instalándose en Madrid.[1] En Madrid foi presidente de Prensa Hispana Unida e director do seu órgano Suplemento.[2] En 1936, tralo inicio da guerra civil española, foi chamado polo deputado Ramón Suárez Picallo, Xoán Xosé Plá e o xeneral Cecilio Bedia Caballería, para que confeccionase un regulamento para as Milicias Galegas. Foi un dos xefes das Milicias Populares Galegas.[3] Foi nomeado axente de vixilancia en agosto de 1936[4] e destinado á Brigada de investigación criminal, ás ordes do comisario xeneral Antonio Lino Pérez-González. Converteuse en colaborador principal de Agapito García Atadell que dirixía unha das Milicias Populares de Investigación criminal.

En outubro de 1936, canda García Atadell e as súas respectivas parellas, tentaron escapar clandestinamente de España polo porto de Alacant. Nesa cidade embarcaron para Marsella no buque arxentino 25 de mayo. Dende Marsella marcharon a Saint-Nazaire, onde embarcaron cara a Cuba no transatlántico francés Mexique o 19 de novembro. Pero o buque aportou dúas veces en territorio controlado polo exército golpista: primeiro na Coruña e logo en Santa Cruz de la Palma, onde finalmente foron detidos Penabad e García Atadell. Foron trasladados primeiro a Santa Cruz de Tenerife e logo a Sevilla, onde lles fixeron un consello de guerra e os condenaron a pena de morte, sendo executados no garrote vil polo verdugo Cándido Cartón.[5]

Obras[editar | editar a fonte]

  • El estatuto gallego o Los imbéciles inteligentes;(folleto-mitin), 1936.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]