Saltar ao contido

Mikoyan-Gurevich MiG-15

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mikoyan-Gurevich MiG-15

Tipofamilia de aeronaves Editar o valor en Wikidata
Subclase decaças de primeira geração (pt) Traducir e land-based fighter monoplane (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
UsoCaza Editar o valor en Wikidata
Produción
País de orixeUnión Soviética Editar o valor en Wikidata
FabricanteMikoyan Editar o valor en Wikidata
Total producido15.560 Editar o valor en Wikidata
Características
Impulsado porRD-45 (en) Traducir e Klimov VK-1 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Velocidade de cruceiro840 km/h Editar o valor en Wikidata
Datas
Entrada en servizo1949 Editar o valor en Wikidata
Primeiro voo30 de decembro de 1947 Editar o valor en Wikidata
Retiro do servizo2006 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Altura3,6 m Editar o valor en Wikidata
Lonxitude10,08 m Editar o valor en Wikidata
Envergadura10,08 m Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
DesenvolvedorMikoyan Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

O Mikoyan MiG-15 (designación OTAN: Fagot) foi un caza deseñado para os roles de superioridade aérea e cazabombardeiro na Unión Soviética por Artem Mikoyan e Mikhail Gurevich. O MiG-15 foi un dos primeiros cazas a reacción con á en frecha, e conseguiu fama nos ceos de Corea, onde superou de sobra a todos os cazas inimigos coa excepción do F-86 Sabre.

O MiG-15 tamén serviu como punto de partida para o desenvolvemento do máis avanzado MiG-17, que foi aínda unha ameaza efectiva para os cazas estadounidenses na Guerra do Vietnam. O MiG-15 foi un dos avións máis fabricados da historia, ao producirse ao redor dos 12.000 exemplares e uns 6.000 máis baixo licenza.

Produción

[editar | editar a fonte]
MiG-15
MiG-15

A Unión Soviética fabricou ao redor de 12.000 MiG-15 en todas as súas variantes. Tamén se produciron baixo licenza en Checoslovaquia (como S-102 e S-103) e Polonia (como Lim-1 e Lim-2, e os biprazas SB Lim-1 e SB Lim-2).

A principios dos anos 50 a Unión Soviética entregou centos de MiG-15s a China, onde recibiron a designación J-2. Os soviéticos tamén enviaron case un cento de enxeñeiros e especialistas do avión a China, onde axudaron á fabricación do adestrador MiG-15UTI (designado JJ-2) na factoría de avións de Shenyang. China nunca produciu unha versión monopraza do caza, só o bipraza JJ-2.

A designación "J-4" non é clara; algunhas fontes afirman que os observadores occidentais designaron erroneamente ao MiG-15bis chineses como "J-4", mentres que a Forza Aérea Chinesa asegura que nunca usou esta designación. Outras din que "J-4" é usado para o MiG-17F, mentres que "J-5" é usado para o MiG-17PF. Outra fonte afirma que a Forza Aérea Chinesa usou "J-4" para os MiG-17A de fabricación soviética, que foron rapidamente substituídos polos construídos baixo licenza MiG-17Fs (J-5). O que é seguro, é que as vidas de servizo dos J-2 e J-4 na China foron curtas, sendo substituídos polos máis capaces J-5 e J-6.